O festival de monicreques de Rianxo programa cinco novas propostas escénicas de compañías galegas e dúas producións propias.
  comenta   0
Artistas de moda, un escenario de luxo e milleiros de corpos en movemento: o festival máis coñecido do perreo pechou a súa edición galega cunha xornada vibrante de música, auga, escuma e euforia colectiva.
  comenta   0
Con Chencho Corleone, El Alfa, Bryant Myers, Blessd, Justin Quiles, Sech, Darell, Hades66, Luar La L, Raul Clyde, Clarent... A 4ª edición do maior festival de música urbana en Europa aterra no Porto do Molle de Nigrán cunha experiencia totalmente renovada e un cartel de estrelas internacionais.
  comenta   0
O festival reunirá compañías de Galicia, Portugal e outras rexións da península entre o 12 e o 17 de agosto, con funcións en parroquias e espazos emblemáticos do municipio.
  comenta   0
Organizada polo Concello de Ribadavia, e baixo a nova dirección formada por Sabela Mendoza e Gena Baamonde, a 41ª edición da mostra internacional de teatro anuncia o outorgamento do Premio de Honra 2025 ao que fora o director ata o ano pasado, Roberto Pascual. A MIT será do 18 ao 26 de xullo.
  comenta   0
Unha onda de música urbana, un recinto renovado e un vínculo co seu público e o concello no que se celebra. Con Chencho Corleone, El Alfa, Bryant Myers, Blessd, Justin Quiles, Sech, Darell, Hades66, Luar La L, Raul Clyde, Clarent... e cun gran headliner por anunciar.
  comenta   0
Polo festival pasaron grupos como Gwendal, Milladoiro, Flook ou a Kevrenn Brest Sant Mark, nunha edición "especial e histórica" pola celebración do 50 aniversario da súa fundadora, a Escola de Gaitas de Ortigueira.
  comenta   0
A segunda e última xornada do festival do verán en Pontevedra combinou sensibilidade, provocación e beats imparables ante un público entregado dende a primeira actuación.
  comenta   0
Segundo o rexedor monfortino, esta edición supón a confirmación de que o evento está consolidado e supón unha fórmula sólida de promoción e posta en valor dos viños da D.O. Ribeira Sacra xa que cada ano aumenta tanto en visitantes como en vendas.
A primeira noite do BIGSOUND 2025 converteu Pontevedra nun epicentro de emocións, con actuacións memorables de estrelas internacionais como Nicky Jam ou Ovy on the Drums e coas Tanxugueiras e Sabela poñendo acento galego a unha festa que mesturou tradición, modernidade e moita intensidade.
  comenta   0
Víctor Antón, propietario de Gaiás Eventos, a maior promotora de orquestras de Galicia, denuncia o desleixo institucional e o colapso dun ecosistema profesional e cultural ante a proliferación de macrofestivais.
  comenta   0
O sábado pola noite destaca a presenza de Milladoiro e o domingo pola mañá será o 'Desfile das Nacións Celtas' e o concerto do 25 aniversario de 'Mamá Cabra'.
  comenta   0
O artista xustificou a súa decisión nun vídeo: “A miña posición sempre foi clara. Que viva Palestina libre”.
Izal actuará o 29 de agosto, día no que tamén se subirán ao escenario Dorian, La Habitación Roja, Samuraï, Sexy Zebras e Éxtasis, xunto a outro artista que aínda está pendente de ser anunciado. O sábado 30 de agosto actuarán Beret, Leire Martínez, Fredi Leis, Hey Kid, Maldita Nerea, Marlon, Noan e Paula Koops.
Este venres 4 de xullo, o Alcalde de Monforte e presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, foi o encargado de inaugurar o evento no Paseo do Malecón da cidade do Cabe. Ademais dos stands das adegas participantes, hai postos de gastronomía, actividades infantís, obradoiros de cata e concertos ata o domingo.
  comenta   0
O Festival Internacional do Mundo Celta, que se celebrará do 9 ao 13 de xullo, incorpora este ano importantes novidades centradas no público familiar e a dinamización cultural da vila.
  comenta   0
Como cada ano, o concello confecciona unha ampla e variada programación de actividades para goce da veciñanza e dos numerosos visitantes que recibe a vila ourensá no periodo estival. Esta fin de semana, o protagonista será o Festival Literario de Allariz (FLAZ).
  comenta   0
Faino tras presentar programación. Na súa 41ª edición, que terá lugar do 18 ao 26 de xullo, ofrece 35 actividades entre funcións, obradoiros, encontros, foros e accións abertas á comunidade.
  comenta   0
O Festival Literario de Allariz terá lugar os días 4 e 5 de xullo. O evento deste ano contará cos autores Miquel Martín i Serra, Garazi Albizua, María Alonso Seisdedos, Isaac Xubín, Cristina Sánchez-Andrade e Suso de Toro.
  comenta   0
O encontro arrinca este domingo con actuacións abertas ao público en Valladares
O evento rotará entre Castrelo, Cenlle e Arnoia e integra viño, gastronomía, música e oficios tradicionais co apoio da Fundación Artesanía de Galicia
  comenta   0
Celebrarase en Vilaxoán do xoves 11 ao domingo 14 de setembro, día este que terá lugar a tradicional sardiñada popular e a Gala de Circo Solidaria. Os abonos por días están xa dispoñibles na web do festival.
  comenta   0
Celébrase o sábado 28 de xuño na parroquia de Toldaos, no Concello de Pantón, e contará con actuacións musicais, maxia, postos de artesanía, exposicións, cantina e un punto de 'Lingua Vital Xa!' reivindicando tamén o emprego da nosa lingua.
Artistas emblemáticos do panorama folk nacional e internacional compartirán escenario con novos talentos do 9 ao 13 de xullo. Ortigueira transformarase, un ano máis, no epicentro mundial da música celta cun programa que reúne grandes nomes da cultura folk e celta.
  comenta   0
Os días 20 de xuño, 18 de xullo e 22 de agosto a Asociación Ruta do Viño de Valdeorras organiza actuacións de ilusionismo, música e danza en diferentes covas de adegas asociadas á entidade para poñer en valor este 'patrimonio único en Galicia'.
  comenta   0
Nel, o prestixioso director Tim Miller, responsable de producións como 'Deedpool', 'Terminator: Dark Fate' ou das antoloxías 'Love, Dead & Robots' e a recentemente estreada 'Secret Level', será galardoado co Premio Especial.
Este recoñecemento distingue a autoras e autores novos que "mostran un compromiso estético e vital coa súa lingua".
  comenta   0
O evento, que se celebra no Monte do Gozo de Santiago de Compostela, comezou este xoves e alongarase ata o sábado 14 de xuño. Ademais de pola súa canle de youtube, os concertos poderán seguirse dende a plataforma dixital www.agalega.gal
  comenta   0
Tras a súa apertura, o 17 de maio, suma xa ese número de visitas. A edición deste ano presentouse baixo o lema "O cambio climático: unha oportunidade para o xardín" e as súas portas estarán abertas ata o 31 de outubro.
  comenta   0