Alberto Vázquez estreará en Sitges a súa nova película de animación, 'Decorado'

É unha longametraxe do curto homónimo co que gañou o Goya en 2017.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 16/07/2025 | Actualizada ás 15:50

Comparte esta noticia

O ilustrador galego e director gañador de catro premios Goya, Alberto Vázquez (A Coruña, 1980), estreará no 58 Sitges Festival Internacional de Cinema Fantástico de Catalunya, que se celebrará do 9 ao 19 de outubro, a súa nova película de animación, 'Decorado'.

Esta obra trátase dunha longametraxe do curto homónimo co gañou o Premio Goya a mellor curtametraxe de animación en 2017. Na cinta realiza unha crítica existencial cargada de sarcasmo e coa estética inconfundible do autor coruñés. A súa estrea en cinemas comerciais está previsto para o 24 de outubro.

Os seus traballos gañaron catro Premios Goya: Mellor Curtametraxe de Animación en 2012 por 'Birdboy'; Mellor Curtametraxe de Animación en 2017 con 'Decorado'; Mellor Película de Animación en 2017 por 'Psiconautas', e Mellor Película de Animación en 2022 con 'Unicorn Wars'.

Vázquez obtivo máis de 100 premios internacionais en citas como o Festival de Annecy, Chicago, Premios platino, Foyle (preseleccionado para os Oscars), Expotoon ou Meliés de prata.

Decorado, curto do galego Alberto Vázquez. UNIKO  - Arquivo
Decorado, curto do galego Alberto Vázquez. UNIKO - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta