Por Galicia Confidencial | Vilagarcía de Arousa | 28/06/2025 | Actualizada ás 10:35
O Revenidas 2025 arrincará o xoves 11 coas presenzas de Dubioza Kolectiv, The Rapants, The Baboon Show, Sanguijuelas del Guadiana, Hugo Guezeta, Buhos, Galician Army, Dick Move e A Duendeneta.
O venres 12 será a quenda de Fermin Muguruza, Sés, Baiuca, Talco, The Testarudes, Sons Of Aguirre & Scila, J Martina, Seitura, Svetlana e A Duendeneta.
A terceira xornada do festival, a do sábado 13 reunirá a Lendakaris Muertos, Riot Propaganda, La Élite, Heredeiros Da Crus, Dakidarría, Mondra, Bewis De La Rosa, Monoulious Dop, La Fúmiga, Omiri, Onza, F.R.A.C, Filloas (Vibra Mahou), Yaya Dj e A Duendeneta.
O Revenidas pecharase o domingo 14 coa tradicional sardiñada popular ao mediodía, a Gala de Circo Solidaria e as actuacións de Mekanika Rolling Band, As do Xeito, Concerto Punkinfantil, Orquestra Bravú Xangai e Terrae. Nos vindeiros días o Revenidas completará a súa programación co anuncio das actividades paralelas.
O festival Revenidas conta co apoio de Vibra Mahou, a plataforma de música de Mahou Cinco Estrellas, que conecta a artistas e público en torno á música en vivo. Tamén está apoiado pola Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia, no marco de Concertos do Xacobeo.
ENTRADAS POR DÍA, ABONOS E ACAMPADA
Na web www.revenidas.com pódense atopar abonos para as tres xornadas a un prezo de 69 € máis gastos de xestión e tamén se poden reservar entradas de día a prezos de promoción:
Xoves: 35 euros + gastos de xestión
Venres: 35 euros + gx
Sábado: 40 euros + gx
Domingo: De balde
As persoas que merquen o abono tamén poderán reservar na web o acceso á acampada por un importe de 15 euros no Rial e 10 euros na Pelada, ambas con servizo circular de bus gratuíto. Os posuidores de entrada de día tan só poderán reservar a acampada na Pelada.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.