Por Galicia Confidencial | PONTEVEDRA | 07/07/2025 | Actualizada ás 18:24
Todo preparado para a primeira edición do festival BIGSOUND en Pontevedra. A cidade do Lérez prepárase para marcar un fito na música urbana os días 11 e 12 de xullo de 2025 no Parque de Tafisa. Cun cartel que reúne ás maiores estrelas nacionais e internacionais do xénero, o festival promete converterse no evento musical máis importante do verán en Galicia. Tras triunfar en Valencia e Sevilla, BIGSOUND aterra en Pontevedra cunha experiencia única que fusiona música, cultura e espectáculo.
O Festival que marcará un antes e un despois en Galicia reúne a figuras destacadas como Nicky Jam, Rels B, María Becerra, Juan Magán, Omar Montes, Tanxugueiras, Amaia, Cali y El Dandee, Abraham Mateo, Leire Martínez, La Zowi, Ptazeta, Luck Ra, Julieta, DePol, Marc Seguí e María Escarmiento, entre outros. Entradas e máis información en bigsoundfestival.com.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.