(Vídeo) A alcaldesa de Carballeda nega o impacto dos lumes: “Xa os tivemos peores e en primavera volve brotar todo”

María del Carmen González, do PP, acusa aos medios de desinformar e di que xa houbo “lumes peores” tras arder a aldea de Cernego, Trevinca e Casaio. Un veciño do concello asegura que xa ardeu a metade da masa forestal de Casaio e que se enfrontaron sós as la primeiro día.

Por Galicia Confidencial | Valdeorras | 27/08/2025 | Actualizada ás 22:16

Comparte esta noticia

Polémica en Valdeorras sobre o impacto dos incendios. A alcaldesa popular, María del Carmen González, negou a importancia dos incendios que afectan ao seu concello e a toda a comarca logo de arder a serra de Trevinca, en rede Natura, queimar os montes de Casaio –actualmente 5.000 hectáreas-- e tamén tras arrasar boa parte da aldea de Cernego.

Partes do Teixedal de Casaio queimadas
Partes do Teixedal de Casaio queimadas | Fonte: remitida

“Afortunadamente non é un incendio que sexa do máis virulento, pasamolos peores. É un incendio na serra, nunha zona case inaccesible e tivemos moitos medios aéreos durante toda a semana e estas

“A min sorpréndeme o despregue informativo porque a miña preocupación é axudar, tratar de terminar cun lume normal que o vivimos moitas veces e, afortunadamente, non afecta a poboacións, nin a persoas que é a nosa prioridade e, polo tanto, vamos a seguir traballando a ver se hoxe lle damos carpetazo”, asegura sen mencionar que nesta vaga de incendios este concello, así como os veciños da Rúa, O Barco e San Martín de Valedorras resultaron moi afectados. De feito, varias aldeas resultaron moi afectadas polas lapas, entre elas, San Vicente de Leira e Robledo en San Martín de Valedorras e Cernego, en Carballeda.

A alcaldesa popular negou que haxa un “impacto ambiental importante”, nin que se vira afectado o Teixedal de Casaio, o bosque máis antigo de Galicia. “Vamos a ser moi clariños e a imaxe que están dando non se acerca á realidade. Temos un monte que non ardeu e que, segundo os medios, xa ardera hai unha semana e, afortunadamente, está aí e non vai a arder. Ás veces non falan vostedes cos profesionais que atallan os lumes”, espetoulle aos xornalistas que a entrevistaban.

María del Carmen González dixo que esta situación xa aconteceu no pasado e que a terra, logo, se rexenera. “Non é un impacto medioambiental afortunadamente forte para Carballeda. Esta é unha terra xenerosa e que na primavera volve brotar. Xa os tivemos peores fai tres ou catro anos e que si afectaron a poboacións e si tivemos a axuda da Xunta e nun breve espacio de tempo recuperamonos daquel grave incendio”, indicou.

Incendio en Casaio
Incendio en Casaio | Fonte: PEDRO DOMÍNGUEZ

CRÍTICAS DA VECIÑANZA

Unhas declaracións que non comparte a veciñanza, especialmente, a de Casaio que leva case dez días loitando contra un incendio que xa calcinou a metade do monte da parroquia. “As lapas chegaron a tres quilómetros do pobo. Temos todo o monte calcinado e a situación é moi delicada”, dixo Pedro Domínguez, veciño de Casaio e guía de montaña. “Aquí sufrimos e nos queimamos diante do lume e o monte está calcinado e Trevinca está calcinada”, indicou en declaracións a TVE.

Este veciño lembrou que os tres primeiros días a veciñanza estivo soa. “Comezamos xa desde o primeiro día cando o lume cruzou o pico máis alto de Galicia –Pena Trevinca-”. Foi a veciñanza, coa comunidade de montes, que ten experiencia en estinción, e por ser un “pobo moi unido” o que se lanzou ao monte. “Temos medios, palas, tractores, equipos innifugos e nos tres primeiros días non veu ningún medio. Afortunadamente coñecemos o territorio e iso fixo que frenaramos a primeira ondada e logo chegaron os medios pouco a pouco”, asegurou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta