María del Carmen González, do PP, acusa aos medios de desinformar e di que xa houbo “lumes peores” tras arder a aldea de Cernego, Trevinca e Casaio. Un veciño do concello asegura que xa ardeu a metade da masa forestal de Casaio e que se enfrontaron sós as la primeiro día.
  comenta   1
"Non se pode pensar no territorio como unha paisaxe de fin de semana, senón a planificar a súa xestión", aseguran estes profesionais que achacan a orixe da vaga de incendios ás condicións meteorolóxicas extremas e ao estado das masas forestais españolas.
  comenta   0
A Organización Galega de Comunidades de Montes denuncia que os traballos de prevención deberían estar realizados antes do verán e que están sen facer por culpa da Consellería do Medio Rural.
  comenta   0
Os seus relatos amosan o esforzo físico e mental extremo, a necesidade de mellores medios e a forza que atopan na veciñanza, capaz de tender a man cando as lapas semellan imparables.
  comenta   0
Un total de catro vivendas tiveron que ser desaloxadas por precaución ante o incendio forestal do municipio pontevedrés de Vilaboa, onde está declarada a Situación 2.
  comenta   0
As redes sociais contribuíron nestes días de incertidume a organizar grupos de voluntarios para axudar na loita contra os incendios.
  comenta   5
Denuncia que o Goberno galego aposte por un modelo con brigadas municipais "non profesionais" como a de Oímbra na que houbo tres feridos.
  comenta   0
Varias testemuñas que manifestaron ver á investigada, de 63 anos, nas proximidades do lume e mesmo saíndo da masa forestal a escasos metros do incendio.
  comenta   0
Análise da concentración das parroquias galegas con maior risco de incendios forestais en Galicia segundo o Pladiga de 2025 e as que xa rexistraron lumes nos que vai de verán.
  comenta   0
O xulgado impón comparecencias semanais ao home de 28 anos, investigado por tentar provocar varios lumes no monte de Canibelos.
  comenta   0
Unha análise satelital e cartográfica realizada polo Galicia Confidencial amosa que a homoxeneidade das plantacións e a falta de mosaicos agroforestais favorecen a propagación dos grandes incendios.
  comenta   0
A conselleira do Medio Rural cualificou a situación de "bastante estable", pero apelou tamén á responsabilidade da poboación.
  comenta   0
A Consellería do Medio Rural deu por extinguido o incendio forestal declarado na localidade ourensá de Carballeda de Avia, que segundo as estimacións calcinou 22,59 hectáreas.
  comenta   0
O lume foi controlado na madrugada deste luns grazas ao despregamento de máis de 40 efectivos e medios aéreos.
  comenta   0
A Consellería do Medio Rural informou dun incendio forestal activo no municipio ourensán de Cualedro.
  comenta   0
Segundo os bombeiros do parque Provincial de Boiro, quen acudiron ata o lugar dos feitos, o vehículo precipitouse por un desnivel quedando envorcado lateralmente nunha pista forestal.
  comenta   0
O lume, declarado ás 17.00 horas, afecta a menos dunha hectárea e mantén operativos os medios aéreos.
  comenta   0
O lume, na zona da Bodeira, xerou preocupación pola proximidade a unha masa de árbores e os fortes refachos de vento.
  comenta   0