O BNG pide reflexión profunda á Xunta ante os erros repetidos na prevención de lumes

A deputada nacionalista sinala que a prioridade é protexer ás persoas afectadas e acabar coa traxedia de forma conxunta.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 13/08/2025 | Actualizada ás 17:41

Comparte esta noticia

A deputada do BNG Ariadna Fernández reclamou á Xunta "unha reflexión profunda" para "cambiar o rumbo" da política de prevención de incendios. "Se non o facemos, seguiremos vendo como os erros se repiten ano tras ano, vendo como Galicia arde ano tras ano", asegura.

En rolda de prensa este mércores, a deputada nacionalista deixou claro que "os medios de extinción nunca van ser suficientes sen máis prevención, un monte ordenado e unha xestión forestal adecuada".

"Agora mesmo vivimos xa unha situación de colapso", lamenta, polo que chama a "repensar e reformular" o modelo forestal. Pide ir cara a un modelo forestal e "un rural vivo" que "poña freo aos lumes". "A prioridade nestes momentos é que a traxedia termine, e temos que facelo de maneira conxunta, unidos", di. Así mesmo, transmitiu a solidariedade do Bloque coas persoas afectadas polos lumes e cara á persoa que traballa para evitar que a situación vaia a peor.

Traballos de exxtinción a cargo do helicóptero da BRIF de Laza na serra de san Mamede, no lume por baixo da aldea de Teixeira (Maceda) / Rosa Veiga - Europa Press / Europa Press
Traballos de exxtinción a cargo do helicóptero da BRIF de Laza na serra de san Mamede, no lume por baixo da aldea de Teixeira (Maceda) / Rosa Veiga - Europa Press / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta