Un estudo internacional confirmou que as noites calorosas relaciónanse cun aumento da mortalidade de ata o 3 % e que a calor nocturna ten un efecto independente das altas temperaturas diúrnas, polo que require medidas específicas de prevención.
  comenta   0
Co verán como reto, a Xunta reforza a planificación e chama á responsabilidade compartida para garantir o abastecemento de auga en Galicia, sen renunciar á calidade nin á prevención. Augas de Galicia realiza unha vixilancia continua dos nosos recursos hídricos e realiza campañas de sensibilización.
  comenta   0
O PSdeG denuncia as condicións dos brigadistas locais. A ministra de Defensa reclama ás CCAA que non deleguen na UME. Os reis visitarán a zona da Limia o xoves.
  comenta   0
A Organización Galega de Comunidades de Montes denuncia que os traballos de prevención deberían estar realizados antes do verán e que están sen facer por culpa da Consellería do Medio Rural.
  comenta   0
En varios puntos próximos ás zonas queimadas Besteiro falou con veciños para trasladarlles que os socialistas galegos están "á beira das persoas afectadas e dos equipos de extinción", sentindo, dixo, "a súa preocupación".
  comenta   0
A Mesa pola Normalización Lingüística denunciou que a empresa Taprega Prevención de Riscos Laborais pretenda cobrar por emitir documentos en galego a nove céntimos por palabra, segundo lle indicou a firma a un cliente que solicitou o papelorio traducido.
  comenta   0
En concreto, o recurso diríxese contra tres disposicións da lei de prevención das perdas e o desperdicio alimentario que na práctica permiten a caza do lobo, especialmente agora que a Unión Europea (UE) rebaixou a protección da especie.
  comenta   0
Moitas das emerxencias xorden nas últimas horas do día, mentres aínda hai luz, pero non a suficiente para resolver algunhas situacións críticas. No ano 2023, o 112 Galicia chegou a acumular unha media de 1.300 intervencións dos equipos de emerxencias entre as 3 e as 4 da tarde e case 1.500 entre as 7 e as 8 da noite de xuño, xullo e agosto. A prevención e a auto protección, os camiños máis certeiros para evitar os riscos no verán.
  comenta   0
A AEMPS e o Comisionado de Saúde Mental instan a extremar precaucións ante a calor e ofrecen consellos de prevención.
  comenta   0
Asinarán un convenio para mellorar a eficacia na prevención, investigación e persecución dos delitos relacionados coa seguridade e saúde das persoas traballadoras.
  comenta   0
O arresto tivo lugar durante un rexistro domiciliario, no marco dun operativo de prevención en zonas de lecer.
  comenta   0
A Policía Nacional incidiu na prevención do 'Child Grooming' a través do control parental dos dispositivos e canles de comunicación dos nenos, o que resulta relevante para evitar a victimización dixital dos menores.
Actívanse os niveis 2 e 3 do plan de prevención por altas temperaturas en zonas de Ourense, Lugo e Pontevedra, con suspensión de actividades e recomendacións para grupos de risco
  comenta   0
O Parlamento de Galicia apelou ao esforzo na prevención, a detección e o tratamento da enfermidade renal crónica (ERC) co obxectivo de mellorar a saúde e a calidade de vida dos galegos e as galegas.
  comenta   0
Para consolidar o protocolo “Allariz Pobo Seguro”, dez persoas representantes da realidade social de Allariz protagonizan un traballo audiovisual no que dan a coñecer, punto por punto, un decálogo de medidas para a prevención e atención das diferentes violencias sexistas en espazos festivos.
  comenta   0
Lembrou a súa traxectoria profesional como impulsor de programas innovadores na sensibilización pública e "na promoción de políticas inclusivas e efectivas no ámbito da saúde mental e a prevención de adiccións".
  comenta   0
Nova figura de xefe loxístico, unha ferramenta para lumes transfronteirizos e máis formación, entre as principais medidas. Haberá 7.000 profesionais dispoñibles no alto risco de incendio, 30 medios aéreos e 380 motobombas.
  comenta   0
Co Día Internacional contra o Acoso Escolar á volta da esquina, é un bo momento para observar o que está a suceder nas aulas galegas. Aínda que a nosa comunidade conta con programas de prevención e protocolos de actuación en escolas e institutos, moitos nenos e nenas seguen a sufrir acoso escolar.
  comenta   0
O sindicato elabora un manifesto coa demanda de que se modifique a lexislación en materia de prevención laboral e outras de cara á celebración do Día mundial de seguridade e saúde no traballo.
  comenta   0
Estas declaracións chegan despois de que o pasado domingo, sobre as 20.00 horas, se derrubase unha parte do teito da oficina do Xulgado do Social número 4, o despacho da maxistrada e o da oficina do Xulgado do Social número 2. CSIF reclama medidas inmediatas e avisa: "a prevención de riscos non é un xogo".
O Consello da Xunta aprobou o decreto polo que se cualifica de utilidade pública a erradicación da praga da flavescencia dourada da vide. Esta norma establece medidas de prevención e loita, así como os deberes das persoas operadoras profesionais, titulares de parcelas de viñedo e profesionais para o seu control.
  comenta   0
Inma Esteban, psicóloga sanitaria experta en condutas aditivas e secretaria da Asociación Iberoamericana para a Investigación do Abuso Psicolóxico (AIIAP), conta ao Galicia Confidencial os aspectos positivos que traería para a sociedade a proclamación deste día.
  comenta   0
Son, en total, case un milleiro de profesionais que ata o 2023 viñan traballando ao longo de seis meses ao ano e que, a partir deste momento, e de maneira progresiva, foron incrementando os seus contratos para chegar ao oito meses en 2025 e ao nove en 2026 e anos sucesivos.
  comenta   0
A rede sanitaria pública galega dótase así dun procedemento específico que permitirá actuar e garantir unha resposta integral e efectiva ante calquera comportamento ou conduta que supoña algún tipo de discriminación por razón de sexo
  comenta   0
A COVID transtornou as dinámicas familiares deixando saír elementos agochados até o momento da pandemia. Logo de levantar a prohibición de saír á rúa e a volta paulatina á normalidade, as consecuencias do peche na casa deixáronse sentir no alumnado en forma de depresión, ideación suicida e outras cuestións sociais que reforzaron os riscos autolesivos entre os menores
  comenta   0
O programa galego de detección precoz de cancro de pescozo uterino, posto en marcha en 2021, diagnosticou ata decembro un total de 41 casos, dos que o 76 % estaban en fase inicial, segundo se deu a coñecer no balance realizado pola Consellería de Sanidade, coincidindo coa semana europea de prevención deste tipo de cancro.
  comenta   0
Axentes galegos fórmanse en tácticas avanzadas de prevención e intervención nun programa exclusivo da Unidade Militar de Emerxencias.
  comenta   0
A Agrupación industrial da Lousa de Galicia vén de celebrar en Sobradelo de Valdeorras unha Xornada Técnica baixo o título: “Estratexias de Prevención e Loita contra as Enfermidades Profesionais". Un dos temas principais foi o "pó de sílice".
  comenta   0
O Executivo autonómico indicou que o protocolo aprobado esta mañá pretende dotar ao persoal dos Centros de Información á Muller dunha ferramenta práctica para atender de forma eficaz aos usuarios do colectivo LGBTI, así como pór en marcha actuacións de prevención ante condutas LGBTIfóbicas.
  comenta   0
Segundo un estudo de Unicef, o 94,8 % dos adolescentes dispón de móbil con acceso a Internet, cunha idade medio de acceso ao primeiro dispositivo de 10,96 anos. O 50,5 % teñen conexión á rede por contrato. Dende o Galicia Confidencial falamos cos psicólogos Joaquín González-Cabrera e Juan Manuel Machimbarrena, creadores de Safety.net, da necesidade da prevención conxunta de ameazas 'online'.
  comenta   0
Cardiólogos, representantes da Sociedade Española de Cardioloxía (SEC), a Fundación Española do Corazón (FEC) e eurodeputados españois solicitaron este venres a creación dunha Estratexia Europea de Saúde Cardiovascular que dea prioridade á prevención das enfermidades cardiovasculares, antes que ao seu tratamento.
  comenta   0