Medio Rural leva 8 meses sen aprobar as axudas de prevención e defensa contra os incendios

A Organización Galega de Comunidades de Montes denuncia que os traballos de prevención deberían estar realizados antes do verán e que están sen facer por culpa da Consellería do Medio Rural.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 23/08/2025 | Actualizada ás 11:38

Comparte esta noticia

No mes de xaneiro deste ano, a Consellería do Medio rural publicou unha orde de axudas para a prevención e defensa contra os lumes forestais. Pasaron 8 meses e as comunidades de montes aínda no tiveron a comunicación da aprobación das axudas e non poideron comezar os traballos de prevención de lumes previstos na liña de axudas.

Desbroce e corta de árbores
Desbroce e corta de árbores | Fonte: ep

O obxetivo destas liñas de axudas é a realización de traballos de prevención que impidan que o lume chegue os montes ou alomenos que sexa mais doado a extinción cando arden. Para que os traballos que contemplan estas liñas de axudas fosen eficaces terían que estar rematados cando menos no mes de maio. Porén, resulta que a finaís do mes de agosto as axudas de prevención para este ano non están aprobadas e por tanto os traballos de prevención non se poideron facer. 

A Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM) sinala que a culpa de esta situación, que facilita a propagación dos lumes, correspóndelle única e exclusivamente a Consellería do Medio rural pola súa mala xestión e pola súa inoperancia. ”Mentres os montes están sen limpar pola inoperancia da Consellería do Medio rural, o conselleiro alardea da súa eficacia na prevención na loita contra os lumes”, subliña o Presidente da ORGACCMM.

A PREVENCIÓN NON SÓ E DESBROZAR

Para a Organización Galega de Comunidades de Montes, moi ao contrario do que pensa a Consellería do Medio rural, a prevención na loita contra os lumes,non consiste só en desbrozar, ter as pistas forestais arranxadas e os puntos de auga prestos .A verdadeira política de prevención consiste en camiñar cara un monte multifuncional e sustentabel coa implicación de veciñanza  comuneira e dos/as  titulares dos montes de particulares nesta posta en valor.

Para iso, a Organización Galega de Comunidades de Montes solicita que a Consellería do Medio rural  volva a pór en vigor a liña de axudas denominada “Valoración integral do monte e a aposta pola sua multifuncionalidade“  e as Unidades de xestión forestal (UXFOR). Tamén que se modifique o artigo da vixente lei de montes de Galiza que obriga ás comunidades de montes a investir, nun ano, todos os ingresos provintes da madeira queimada en novas plantacións, fomentando de novo a forestación. Que se modifique este artigo para permitir que dos ingresos provintes de madeira queimada as comunidades de montes poideran elaborar un plan de actuacións no medio prazo para  garantir acadar esa multifuncionalidde. 

Desde a organización galega lembran que logo deste desastre ambiental, social e económico, que por mor de lumes que está a padecer todo o país, de maneira especial a provincia de Ourense, "o solo quedará queimado e requeimado e tan alterado que para a súa restauración hai que actuar de xeito inmediato". Mais, para a ORGACCMM, este proceso non pode quedar só nas mans da Consellería do Medio rural. Por iso reclaman a creación inmediata de grupos de traballo conformados por distintas consellarias, os titulares dos montes queimados e de representantes de centrais sindicais, sindicatos agrarios  e comunidades de montes. Co obxetivo de acometer as tarefas de evitar a erosión, medidas de restauración e impedir a chegada das cinzas aos rios e que contaminen á auga.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta