Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 13/08/2025 | Actualizada ás 10:09
O Servizo de Protección da Natureza (Seprona) da Garda Civil de Corcubión investiga unha veciña de Frixe-Muxía, de 63 anos, como presunta autora de cinco incendios forestais ocorridos este mes na zona.
A investigación iniciouse o 11 de agosto de 2025, por mor dun aviso por un incendio na localidade de Frixe-Muxía. A información inicial apuntaba a unha sospeitosa de ser a autora doutros incendios ocorridos recentemente na zona.
No lugar dos feitos, os axentes tomaron declaración a varias testemuñas, algúns dos cales manifestaron ver á investigada nas inmediacións do incendio, incluso saíndo da masa forestal a escasos metros do lugar do lume. Un das testemuñas achegou unha fotografía da sospeitosa.
Ver esta publicación en Instagram
Una publicación compartida por Galicia Confidencial (@galicia_confidencial)
Tras unha conversación coa investigada, detectáronse numerosas contradicións no seu relato, polo que foi trasladada ao acuartelamento de Corcubión en calidade de investigada por un presunto delito de incendios forestais. As manifestacións da investigada permitiron esclarecer un total de cinco incendios forestais ocorridos na mesma localidade, nas seguintes datas: 3 de agosto, dous o 5 de agosto, 9 de agosto e 11 de agosto de 2025.
A Garda Civil agradece a colaboración cidadá para a resolución deste caso, demostrando unha vez máis a importancia da implicación dos veciños para a prevención e esclarecemento dos delitos contra o medio ambiente. As dilixencias instruídas foron remitidas ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Garda de Corcubión.
¿Gústache esta noticia?Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
¿Gústache esta noticia?
- Arde Galicia: Ascenden a 13.800 as hectáreas calcinadas pola vaga de lume que arrasa o país
- Outra vez a veciñanza loita unida para frear os lumes de Trives, Chandrexa e Montederramo: "salvamos o pobo"
- Xornalistas de Galicia convocan este xoves unha xornada de apoio ao xornalismo palestino
- Decenas de persoas protestan para esixir un protocolo que garanta seguridade no SAF: "Teresa somos todas"
- Evacuan a 25 grandes dependentes da residencia municipal de Chandrexa por precaución ante o incendio
- A Xunta publica a lista definitiva de 250 mozos do exterior que cursarán másters en Galicia