A vaga histórica de incendios en Galicia, con Ourense como a provincia máis castigada, puxo o foco non só na destrución do monte, senón tamén no perigo que corren aldeas enteiras. Preparar as vivendas fronte ao lume é xa unha obriga de supervivencia e non unha opción.