Situacións complicadas en Vilaboa e Oia por incendios que obrigan a desaloxar vivendas e un camping

Un total de catro vivendas tiveron que ser desaloxadas por precaución ante o incendio forestal do municipio pontevedrés de Vilaboa, onde está declarada a Situación 2.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/08/2025 | Actualizada ás 22:55

Comparte esta noticia

Un total de catro vivendas tiveron que ser desaloxadas por precaución ante o incendio forestal do municipio pontevedrés de Vilaboa, onde está declarada a Situación 2. O mesmo acontece en Oia, onde un incendio provocou o desaloxo dun camping.

En Vilaboa a evacuación se produciu sobre as 21.55 horas deste xoves e desaloxaron a 14 persoas do lugar de Paradellas, na parroquia de Santa Cristina de Cobres. O lume comezou sobre as 16.37 horas deste xoves e o alcalde, César Poza, consultado por Europa Press, explicou que a situación "era complicada".

Incendio en Mougás, Oia
Incendio en Mougás, Oia | Fonte: Queco

Tamén un total de 45 persoas tiveron que ser desaloxadas do cámping de Mougás, no municipio pontevedrés de Oia, por precaución ante o incendio forestal que comezou na tarde deste xoves e obrigou a activar a Situación 2. Así o confirmaron fontes consultadas por Europa Press, que detallaron que o incendio puxo en risco, nun principio, a tres vivendas, pero o cambio do vento fixo que o lume cambiase de dirección. O incendio comezou sobre as 18.41 horas deste xoves e afecta xa a máis de 20 hectáreas, segundo as estimacións da Consellería do Medio Rural.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta