Andalucía estará en risco por calor e as illas Canarias activarán a alerta amarela por fortes ventos e ondada.
  comenta   0
Mareas verdes, vermellas ou marróns: así son as augas que alimentan o mellor marisco do mundo. Lonxe de seren sinal de perigo, as sorprendentes cores do mar galego falan dunha riqueza invisible a simple vista, pero esencial para a vida nas rías. "Ese ton verdoso é sinal de riqueza", asegura Francisco Rodríguez Hernández, investigador do IEO.
  comenta   0
Meteogalicia activa aviso amarelo entre a tarde do domingo e a mesma hora do luns debido a unha borrasca ao oeste de Irlanda.
Meteogalicia prevé que o temporal costeiro se prolongue este sábado entre as 12.00 e as 18.00 horas, co vento do suroeste afectando a zonas de Sisargas a Estaca de Bares.
AEMET activa aviso amarelo nas provincias da Coruña, Lugo e Pontevedra ante a chegada dunha fronte atlántica.
  comenta   0
Meteogalicia alerta de temperaturas que poden superar os 36 graos este sábado nas comarcas ourensás e pontevedresas.
  comenta   0
Un total de catro vivendas tiveron que ser desaloxadas por precaución ante o incendio forestal do municipio pontevedrés de Vilaboa, onde está declarada a Situación 2.
  comenta   0
Isto súmase ao acontecido noutros areais como os da cidade da Coruña pero tamén noutras zonas de Galicia nos últimos días como o caso da Mariña.
  comenta   0
En só dúas semanas, Galicia perdeu máis monte que en todo o 2024: 11.500 hectáreas arrasadas por lumes que mesturan calor extrema, seca e vento coas sospeitas de intencionalidade. Un verán que ameaza con pechar como un dos máis negros da década.
  comenta   0
A xefa de servizo de prevención, Sandra Martínez, alerta da complexidade dos lumes en Chandrexa, Oímbra e outros concellos, onde se prioriza a protección dos núcleos habitados.
  comenta   0
Este mércores haberá un cambio transitorio na situación polo paso dunha pequena vaguada que afectará o norte da Península e que traerá un alivio térmico á metade norte, non tanto pola entrada de aire frío atlántico senón pola xeneralización da nebulosidade e as treboadas.
  comenta   0
A calor, o vento, a man humana e a falta de coidado do monte dan forma a un patrón que se repite cada verán. Así é o incendio forestal tipo que prende (ou que prenden) nos montes galegos, segundo o Pladiga 2025.
  comenta   0
Un total de 44 provincias estarán este domingo en aviso por altas temperaturas, segundo a predición da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET). A metade, 22, alcanzarán o nivel laranxa, e varias illas canarias seguirán en nivel vermello: Gran Canaria, Lanzarote, Forteventura e Tenerife.
  comenta   0
En Corme, gandeiros e agricultores converteron os seus tractores en armas contra o lume, mentres os equipos ‘Batracio’ da Xunta, pensados para ese labor, brillaban pola súa ausencia. Unha lección de coraxe veciñal e unha pregunta incómoda para a prevención en Galicia.
  comenta   1
Nordés intenso, baixa humidade e altas temperaturas complican as labores de extinción e obrigan a priorizar a protección de persoas e infraestruturas. Máxima dificultade nos lumes de Corme-Aldea (Ponteceso), Santiaguiñodo Monte (Padrón) e Esteiro (Muros).
  comenta   1
Unha combinación explosiva de refachos intensos e temperaturas extremas contribuíu á propagación dos incendios forestais que arrasaron varias zonas de Galicia entre o 27 e o 30 de xullo. Os datos das estacións meteorolóxicas próximas aos focos confirman que o vento e o calor foron aliados decisivos do lume.
  comenta   0
Máis de 35 incendios asolan o norte e centro de Portugal mentres Galicia combate varios focos conxurados a duras penas. A calor extrema, a seca e o vento alimentan unha vaga de lume que devasta paisaxes e pon en risco aldeas enteiras.
  comenta   0
Durante os últimos cinco anos, Pablo Ouro liderou o desenvolvemento de ferramentas de simulación a mesoscala e microscala de parques eólicos mariños, incluíndo turbinas flotantes.
  comenta   0
Un areal agochado, onde a ría se xunta coa palabra e o silencio se converte en voz. Hai lugares que se deixan descubrir coma se fosen libros abertos ao vento.
  comenta   0
O lume, na zona da Bodeira, xerou preocupación pola proximidade a unha masa de árbores e os fortes refachos de vento.
  comenta   0
Meteogalicia explicou que durante esa xornada a Comunidade estará dentro da influencia anticiclónica, polo que haberá ceos despexados en xeral con presenza de nubes baixas no norte das provincias de Lugo e Ourense.
  comenta   0
As máximas baixarán notablemente respecto a días anteriores, aínda que superarán os 30 graos en zonas do sur e do centro peninsular.
  comenta   0
Leiro marcou a máxima do sábado con 35,9 ºC, mentres que Meteogalicia prevé un lixeiro alivio dominical e nubes no norte.
  comenta   0
Meteogalicia prevé vento do norte de forza sete entre Louro e cabo Silleiro en mar aberto a partir das 15:00 horas.
  comenta   0
Agárdase algunha treboada ocasional no terzo noroeste peninsular, localmente fortes no oeste de Galicia.
  comenta   0
O tempo será estable en gran parte da Península Ibérica este domingo salvo no terzo norte de España onde haberá nebulosidade e precipitacións en torno ao litoral mediterráneo con choivas localmente fortes en zonas de Castelló, Tarragona e zona costeira de Barcelona na mañá e no norte do arquipélago balear a horas da tarde.
  comenta   0