Valdeorras e a zona do Miño activan aviso amarelo por calor intenso

Meteogalicia alerta de temperaturas que poden superar os 36 graos este sábado nas comarcas ourensás e pontevedresas.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 22/08/2025 | Actualizada ás 18:37

Comparte esta noticia

A comarca de Valdeorras e a zona do Miño en Ourense e Pontevedra activarán para este sábado o aviso amarelo por altas temperaturas, segundo Meteogalicia. Así, o aviso comezará ás 15.00 horas e estenderase ata as 21.00 horas da mesma xornada ao esperarse temperaturas que poden superar os 36 graos en Valdeorras e a zona do Miño en Ourense e os 34 graos na zona do Miño en Pontevedra.

Durante esa xornada, Galicia seguirá baixo a influencia das altas presións e haberá néboas en comarcas do interior que se disiparán e deixarán os ceos moi despexado. As temperaturas sufrirán un lixeiro ascenso e o vento soprará do nordeste pola mañá e cambiará a oeste pola tarde, frouxos e con intervalos moderados no mar.

Un home maior bebe auga dunha botella nun día de intensa calor
Un home maior bebe auga dunha botella nun día de intensa calor | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta