Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 11/05/2025 | Actualizada ás 13:15
O interior da provincia de Pontevedra activará para este luns o aviso amarelo por abundantes precipitacións, segundo recolle a páxina de Meteogalicia. Desta forma, o aviso comezará ás 06.00 horas e estenderase ata as 18.00 horas da mesma xornada. Todo iso, ao esperarse acumulacións superiores aos 40 litros por metro cadrado en 12 horas.
Meteogalicia explica que, na xornada do luns, unha fronte, asociada a unha borrasca centrada ao norte, chegará a Galicia pola mañá. Desta forma, prevese un día de precipitacións xeneralizadas, localmente fortes que irán estendéndose de oeste a leste de Galicia e remitirán nas últimas horas do día. As temperaturas non sufrirán cambios significativos e o vento soprará do sur-suroeste moderado no litoral, cambiando a oeste-noroeste pola tarde.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.