Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/09/2025 | Actualizada ás 18:25
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) da Consellería de Sanidade fixo un chamamento a toda a cidadanía a doar sangue e, de forma especial, ás persoas co grupo B negativo, xa que as reservas atópanse en nivel baixo. En canto ao resto de grupos, o A positivo, A negativo, 0 postivo, 0 negativo, B positivo e AB negativo atópanse en nivel normal, mentres que o AB positivo está nun bo nivel.
Nun comunicado, ADOS explica que hai moitas persoas nos hospitais que necesitan recibir unha transfusión dalgún compoñente de sangue por múltiples razóns como unha operación, un transplante, un accidente ou unha enfermidade. De feito, os hospitais galegos precisan unhas 500 doazóns de sangue cada día para desenvolver de forma eficaz o labor asistencial. Por iso, ADOS dispón de locais de doazón situados nas sete principais cidades galegas e tamén de unidades móbiles que se desprazan todas as semanas por diferentes concellos das catro provincias.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.