(Vídeo) Así quedaron arrasadas varias aldeas polos incendios en Galicia

Trátase de San Vicente da Leira, Robledo e Cernego, en Valdeorras.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 21/08/2025 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Aldeas calcinadas, montes arrasados, animais mortos e unha paisaxe sen vida. Así están deixando Galicia, e sobre todo, á provincia de Ourense, a vaga de incendios que afecta ao país este agosto. 

A aldea de San Vicente da Leira, en San Martín de Valdeorras, calcinada tras a vaga de incendios que arrasa Ourense
A aldea de San Vicente da Leira, en San Martín de Valdeorras, calcinada tras a vaga de incendios que arrasa Ourense | Fonte: Garda Civil

Así se ven desde o aire tres aldeas calcinadas polo maior incendio da historia de Galicia, o do Larouco, que leva xa consumidas máis de 30.000 hectáreas. Estas aldeas son as de San Vicente da Leira, Robledo e Cernego, en Valdeorras, e, así quedaron tras o paso do lume, tal e como puido constatar un helicoptero da Garda Civil.

O lume do Larouco afecta Quiroga, O Barco de Valdeorras, O Bolo, Carballeda de Valdeorras, A Rúa , Petín, Rubiá, A Veiga e Vilamartín de Valdeorras. Leva máis dunha semana activa e é o, actualmente, o incnedio máis perigoso dos que está activo xa que seguen perigando poboacións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta