Larouco, Oímbra e Chandrexa quedaron completamente apagados, poñendo fin á destrución de máis de 75.000 hectáreas.
  comenta   0
O lume de Pobra de Brollón saltou á outra beira do río Sil, pero fontes forestais confirman que foi "pequeno" e "controlado".
  comenta   0
Galicia mantén catro grandes lumes activos. Desactivada a alerta por proximidade a vivendas no foco do municipio pontevedrés de Oia, activo desde o xoves
  comenta   0
Tras o seu paso por varios lugares de Ourense como foi Valdeorras, leva días no Concello de Quiroga cunha Food Truck servindo bocadillos e menús á veciñanza que o precisa e á xente que participa na extinción dos lumes.
O incendio que saltou de Larouco a Quiroga o pasado 15 de agosto está arrasando milleiros de hectáreas de monte e poñendo en perigo a moitas aldeas do municipio. Continúa a ameaza para o Courel.
Outeiro está moi ameazado, ao igual que o Mazo e Soldón. A Seara, Vieiros e Feramulin tamén están ameazadas polas lapas.
O incendio que comezou o mércores no concello ourensán de Larouco chegou a Quiroga este venres pola noite afectando á zona de Montefurado. Xa se vira afectado tamén o concello de Montederramo co lume que se iniciaba o día 8 en Chandrexa de Queixa.
O Macizo Central ourensán, un dos enclaves de maior valor ecolóxico de Galicia, vive unha traxedia repetida ano tras ano: milleiros de hectáreas arrasadas, concellos enteiros sinalados pola reincidencia dos lumes, prácticas preventivas cuestionadas e un abandono estrutural que converte a biodiversidade en cinza mentres as políticas públicas seguen sen frear unha devastación anunciada.
  comenta   0
Investigadores advirten da necesidade de coidados para as turbeiras do Larouco e outros humidais. Subliñan en Baltar o papel das turbeiras como sumidoiros de carbono e a súa función de depuradoras naturais das augas nos sistemas hídricos.
  comenta   0
Os días 20 de xuño, 18 de xullo e 22 de agosto a Asociación Ruta do Viño de Valdeorras organiza actuacións de ilusionismo, música e danza en diferentes covas de adegas asociadas á entidade para poñer en valor este 'patrimonio único en Galicia'.
  comenta   0
Dende o Galicia Confidencial, aproveitando a recente publicación dos datos de natalidade e mortalidade oficiais do 2023 en cada concello galego, analizamos o duro futuro ao que se enfrontan os concellos de menos de 500 veciños.
  comenta   0
Os tres concellos que máis habitantes perderon entre os anos 2012 e 2018 foron Calvos de Randín, Avión e Padrenda, con perdas de 385, 294 e 630 veciños, respectivamente.
  comenta   0
Quen dixo que no rural galego non había oportunidades? Pois habelas hainas, como adoita dicirse, e ben boas, especialmente para os mozos. Dende o Galicia Confidencial sondeamos algunhas no que a vivenda baratiña se refire.
  comenta   0
Nesta cita, organizada por 'Ourense Rural é Vida' e celebrada en San Xoán de Río, centraron o debate os problemas de vivenda e mobilidade. “Está Ourense preparada para atraer o novo movemento ruralista?”, foi o título que deu pé á controversia.
  comenta   0