Por Galicia Confidencial | Ourense | 18/08/2025 | Actualizada ás 10:37
Todo espazo natural de Trevinca, o pico máis alto de Galicia, está ardido. O mirador da Serpe, a Lagoa da Serpe, Pena Negra, Pena Surbia... Todo é agora un deserto negro. Ardeu a parte galega e a parte de Castela e León.
Agora o lume vai cara o Teixedal de Casaio, un dos poucos bosques naturais de teixos existentes en Europa xa que esta é unha árbore que adoita medrar illada. É un espazo protexido que ten ó redor de 300 teixos, a maioría deles centenarios, e ocupa unhas 6 hectáreas. Conviven con outras especies como acivros, abeleiras, ou freixos.
View this post on Instagram
A post shared by Terras Altas de Trevinca (@terras_trevinca)
"Rabia, desesperación. Tentamos defender a Lagoa da Serpe cunha mochila e un batelumes", comentan desesperados estes voluntarios. Non hai auga, non hai medios.
O lume avanza por todo Valdeorras e ameaza as localidades da Rúa, San Martín e O Barco. Outra lingua de lume avanza cara o Courel, que xa sufriu un pavoroso incendio en 2022.
View this post on Instagram
¿Gústache esta noticia?Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
¿Gústache esta noticia?
- Leonor Faya Angueira, orientadora educativa: "Estamos moi saturadas de traballo: a radiografía é deprimente"
- Centos de persoas protestan en Galicia para denunciar o ataque de Israel á Flota da Liberdade e o xenocidio en Gaza
- Rueda pon como exemplo a "illa de estabilidade" que é Galicia nun mundo "tensionado e convulso"
- Dous ocupantes dunha moto resultan feridos nun accidente en Moaña
- A perspectiva de xénero xoga un papel determinante no diagnóstico precoz de patoloxías", di o conselleiro de Sanidade
- O monarca español defende o multilateralismo e a UE en plena ofensiva reaccionaria de Trump e Netanyahu