Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/10/2025 | Actualizada ás 19:43
Un motorista e o seu acompañante foron trasladados tras chocar contra un turismo na estrada PO-551, ao seu paso por Domaio, en Moaña. Segundo informou o 112 Galicia, o accidente produciuse entre os quilómetros 30 e 31 desta vía pasadas as 17.10 horas. Nese momento, un particular deu aviso á central de emerxencias para alertar desta colisión, na que sinalaba que dúas persoas que viaxaban na moto quedara tendidos no chan.
Así, os operadores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a intervención do persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, así como dos axentes da Garda Civil, a Policía Local e os efectivos de Protección Civil. Xa no punto, os equipos de emerxencia desprazados ao lugar confirmaron que ambos os motoristas foran trasladados ao centro hospitalario de referencia para recibir atención médica, un deles en estado grave.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.