Evacuado por un golpe de calor un brigadista na extinción do lume de Chandrexa que xa arrasa 100 hectáreas

O integrante da BRIF de Laza sufriu un mareo durante os traballos de extinción en plena onda de calor.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 08/08/2025 | Actualizada ás 20:12

Comparte esta noticia

Un integrante da Brigada de Reforzo en Incendios Forestais (BRIF) de Laza necesitou ser evacuado debido a un golpe de calor durante a extinción do incendio de Chandrexa de Queixa (Ourense). Segundo informan fontes da Consellería do Medio Rural a Europa Press, este bombeiro forestal mareouse por un "posible golpe de calor" mentres traballaba nunha xornada de onda de calor con elevadas temperaturas na provincia ourensá. O traballador foi evacuado na tarde deste venres no propio helicóptero da BRIF ata a súa base en Laza, desde onde foi trasladado a un centro de saúde.

O lume en Chandrexa, parroquia de Requeixo, declarouse ás 15,51 horas deste venres. Traballan os seguintes medios: seis avións, cinco helicópteros, cinco motobombas, oito brigadas, seis axentes, dúas unidades técnicas de apoio e dous técnicos. Xa arrasa máis de 100 hectáreas en pouco máis de catro horas, segundo a última actualización provisional de Medio Rural.

Bombeiros preparan o helicóptero para extinguir o incendio, a 2 de agosto de 2025, en Vilardevós, Ourense, Galicia (España). O incendio declarado este sábado, 2 de agosto, no municipio ourensán de Vilardevós continúa activo e calcinou xa 570 hec. Rosa Veiga - Europa Press
Bombeiros preparan o helicóptero para extinguir o incendio, a 2 de agosto de 2025, en Vilardevós, Ourense, Galicia (España). O incendio declarado este sábado, 2 de agosto, no municipio ourensán de Vilardevós continúa activo e calcinou xa 570 hec. Rosa Veiga - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta