Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/10/2025 | Actualizada ás 17:53
O Consello Galego de Colexios Médicos (CGCOM) anunciou o seu apoio e adhesión á folga -- convocada polos sindicatos O'MEGA e SIMEGA -- que terá lugar este venres, 3 de outubro, como protesta contra a reforma do Estatuto Marco recentemente deseñada polo Ministerio de Sanidade.
Tal e como trasladou a entidade nunha nota de prensa, consideran que se trata dun "ataque á dignidade dos profesionais da sanidade", que "non só afecta as súas condicións laborais, senón que tamén ten graves efectos para a calidade asistencial en Galicia".
Neste contexto, a entidade que agrupa ao catro Colexios de Médicos provinciais reclama unha normativa "adaptada á realidade actual da profesión médica, que garanta tanto a adecuada atención aos pacientes como a sustentabilidade do sistema á vez que asegure, unhas condicións xustas que permitan reter o talento novo en Galicia".
Con todo, realizaron un chamamento a todo o colectivo autonómico a mobilizarse e participar nas concentracións nas portas dos hospitais e centros de saúde a modo de protesta este venres ás 11.00 horas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.