Alfonso Rueda enxalzou o papel dos gandeiros galegos para "consolidar a Galicia como unha potencia láctea", un sector "crave" para a comunidade e un dos principais motores do rural. "Grazas a vós, o noso leite ten recoñecemento internacional tan ben gañado fóra de Galicia".
  comenta   0
"O mercado emerxente de produtos veganos de imitación, cuxo único obxectivo é desprazar o consumo de peixes e mariscos da dieta, debe ser regulado. O consumidor debe ser plenamente consciente das consecuencias da súa acción de compra e o prexuízo de diminuír a inxesta de peixes e mariscos", asegurou o secretario xeral da Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Peixes e Mariscos (Anfaco-Cecopesca), Roberto Alonso.
  comenta   0
A infraestrutura concentrará nun mesmo edificio servizos que ata agora estaban esparexidos pola cidade, como fisioterapia, odontoloxía ou farmacia.
Como retos de lexislatura, o titular de Agricultura priorizou en primeiro lugar a substitución xeracional no campo, seguido da sustentabilidade e a mellor utilización da auga.
  comenta   0
O Concello de Lugo anunciou este xoves a cesión de terreos municipais á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) para a instalación dunha torre que mellore a cobertura móbil nas parroquias de San Pedro de Mera, Poutomillos, Bacurín e Santa Eulalia de Bóveda.
Os artistas e chefs internacionais que participarán no festival aínda están por confirmar.
  comenta   0
A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, reuniuse co vicerreitor de Planificación e Sustentabilidade da Universidade de Vigo, José Luís Míguez, e coa directora da Oficina de Medio Ambiente da entidade educativa, Delfina Couce, para estudar a elaboración dun plan de refuxios climáticos en Galicia.
  comenta   0
Setembro, con cifras de estadía moi semellantes (170.000 visitantes fronte a 220.000 en agosto) apenas tivo queixas. A concelleira de Turismo de Santiago, Miriam Louzao, ten claro que a diferenza está no tipo de turismo, pois setembro atrae máis ao turismo internacional, máis respectuoso co patrimonio e a natureza da cidade. Segue defendendo a taxa turística como solución a curto prazo.
  comenta   0
Forman parte dos socios que impulsan o proxecto SARIL (Sustainablity and resilience for infrastructure and logistics networks), que arrincou en xuño e ten como finalidade a mellora da sustentabilidade e resiliencia das redes de transporte e loxística da UE.
Wellder, asociada a un fondo de investimento, faise con dúas residencias de anciáns en Galicia. Entre elas está a Domus VI Cidade de Pontevedra e a de A Coruña-Oleiros.
  comenta   0
Actuouse ao longo duns 250 metros na estrada OU-212 pola marxe esquerda da vía, executando unha intersección que permite todos os movementos, especialmente os de vehículos pesados.
  comenta   0
"Para min, como ministro, foi unha tarefa permanente desde hai un ano conseguir luz verde, polo que en xullo enviamos unha comunicación á Comisión Europea, para que nos autorice un modelo para ampliar e poder construír un modelo de apoio específico para o sector", indicou o ministro en funcións de Pesca, Luís Planas.
  comenta   0
Lorenzana sinala que "o desafío non é expor se se necesita máis minaría, senón como se van a producir todas as toneladas".
  comenta   0
A UCI neonatal pontevedresa conseguiu colaborar coa Axenda 2030 da ONU na consecución dos seguintes obxectivos de desenrolo sustentable: saúde e benestar, educación de calidade, auga limpa e saneamento, enerxía alcanzable e non contaminante e produción e consumo responsables.
  comenta   0
Francisco Méndez, de CCOO, di que os traballadores dos parques eólicos están moi estigmatizados pola sociedade. "Fun unha noite coa muller a tomar un café ao bar do pobo e todo moi ben cos veciños, pero ao día seguinte ao entrar coa roupa de traballo fun insultado"
  comenta   2
Trátase de iniciativas nas que cooperaron centros tecnolóxicos como Cetmar, Gradiant, Energylab ou Anfaco-Cecopesca, e que permiten ao sector pesqueiro adaptarse "aos retos presentes e futuros".
A firma galega ElPulpo merca a tamén galega Nanos para especializarse en moda infantil. A decisión chega a cabo despois da presentación de concurso de acredores.
Oceana asegura que o arrastre de fondo despraza polo leito mariño pesadas redes lastradas que destrúen todo o que atopan ao seu paso, incluíndo hábitats vulnerables e lonxevos como as corais e as especies que dependen deles e que esta técnica se practica en "unha quinta parte das áreas protexidas designadas en España para protexer os seus fondos mariños".
  comenta   0
O certame ten seis categorías das que tres están especificamente dirixidas a recoñecer a persoas e empresas que contribúen de forma relevante á mellora do prestixio do deseño galego e as compañías que, ao incorporalo á súa estratexia empresarial, son exemplo de que o deseño actúa como motor de innovación, sustentabilidade e competitividade.
  comenta   0
Así o destacou o conselleiro do Medio Rural, José González, na 41ª Festa da pataca do municipio coruñés de Coristanco, no que tamén lembrou que o Executivo galego "remitirá proximamente" ao Parlamento este proxecto de lei.
  comenta   0
O programa do Congreso Internacional Conxemar-FAO contempla nesta edición o debate sobre seis grandes eixos: a transformación azul e a necesidade de repensar a cadea de valor dos produtos do mar, a importancia da integridade de marca, o futuro da pesca e os seus modelos de xestión, a responsabilidade social na cadea de valor, as estratexias de negocio, e rastrexabilidade e consumidor.
Así, a Universidade organizará seis cursos, dous deles impartidos en Vigo e os outros catro no campus de Ourense. Estes centraranse en tecnoloxías de dixitalización aplicadas á loxística industrial, na innovación no modelo de negocio da nova mobilidade, na transformación áxil das organizacións, nas infraestruturas de datos aplicados ao sector do transporte, na dixitalización do sector e loxística e na comunicación dixital para a mobilidade.
Esta actuación suporá reforzar a capacidade financeira do banco o que lle permitirá impulsar proxectos de desenvolvemento na rexión. Á súa vez, España renovará o seu compromiso con América Latina e o Caribe para impulsar un crecemento sustentable desde o punto de vista sustentable, ambiental e social e apoiar a internacionalización das empresas españolas.
  comenta   0
A compañía, que acumula unha revalorización do 40 % no que vai de ano, rexistrou un beneficio neto de 2.513 millóns de euros durante o primeiro semestre do seu exercicio fiscal 2023-2024 (entre o 1 de febreiro e o 31 de xullo), o que supón un incremento do 40,1 % respecto ao mesmo período dun ano antes.
  comenta   0
Aumentou as vendas un 40% no primeiro semestre pero descendeu un 1,63% en bolsa. O conselleiro delegado destaca a importancia das ventas online e das ventas físicas.
  comenta   0
A empresa apuntou que o seu obxectivo é "adaptarse a unha contorna global desafiante e asegurar a sustentabilidade da empresa a longo prazo", e precisou que a regulación "afecta a menos dun centenar de traballadores, dos máis de 10.000 que integran a multinacional", aínda que non concretou a cifra exacta.
O novo programa, coordinado por Juan Pablo Hervés, investigador do CINBIO, ofrece neste primeiro curso un total de 12 prazas, coas que os aspirantes poderán optar a liñas de investigación como as terapias avanzadas, sistemas e sensores para monitorización en medioambiente e saúde; nanomateriales funcionais; prevención de enfermidades, dispositivos e biomarcadores para a detección temperá; alimentación, nutrición e seguridade alimentaria; ou estratexias de sustentabilidade.
En concreto, os traballos de rodaxe, que arrincaron en agosto e finalizarán a mediados de novembro, teñen lugar en varias localidades galegas como Ferrol, Narón, Valdoviño, Xove, Pontedeume, Miño, Sada, As Somozas e Cedeira; ademais de Bergondo, Abegondo, Fene, As Pontes e San Sadurniño.
  comenta   0
A Universidade de Vigo é un dos 16 centros universitarios de España que se beneficia das axudas do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma), con cargo a fondos europeos, para impartir formación en materia de dixitalización e sustentabilidade no ámbito do transporte e a mobilidade, cunha dotación de algo máis dun millón de euros.
As novas áreas de servizo incluirán menús diarios con pratos típicos de tempada e produtos galegos; wifi gratuíto, aseos exteriores abertos as 24 horas e a modernización e mellora de todas as instalacións.
  comenta   0
A oitava edición do Festival-Romaría Agrocuir, que se celebra este fin de semana no municipio lucense de Monterroso, foi presentado este martes na Deputación de Lugo como un referente na reivindicación da diversidade sexual e de xénero no rural.
O goberno local sostén que a recollida de lixo "está normalizada" tras o "desaxuste horario" nas quendas dos traballadores de onte á noite.
  comenta   0
Impúlsase como destino gastronómico cun investimento dun millón de euros, co polbo como elemento cnetral.
  comenta   0