Aumentará o número de boxes ata 29, cinco máis que o anterior, todos eles individuais.
Agárdase que a resistencia bacteriana no 2050 se cobre uns 10 millóns de vidas ao ano, superando así ao número de mortes por cancro. María del Mar Tomás, coordinadora do proxecto gañador dos premios Zendal 2023, conta a Galicia Confidencial a importancia desta problemática.
  comenta   0
Este colectivo de médicos critica duramente a Rueda por dicir que o Sergas "funciona moi ben" e din que na atención sanitaria "queda moito por facer".
  comenta   0
A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña advirte que isto suporá "unha sobrecarga para o resto do persoal", que terá que asumir aos pacientes que quedan sen médico
A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denuncia o "colapso permanente" das Urxencias do Hospital Clínico compostelán, despois dun episodio na tarde do mércores no que describen con "13 pacientes graves en padiolas e cadeiras de rodas". De feito, había "26 pacientes co ingreso asinado" que estaban "a esperar o traslado a planta e ocupando zonas de atención".
  comenta   0
A infraestrutura concentrará nun mesmo edificio servizos que ata agora estaban esparexidos pola cidade, como fisioterapia, odontoloxía ou farmacia.
Nega que exista manipulación das listas de agarda tal e como denuncia o CESM e a Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS.
  comenta   0
Morrer Dignamente alerta do "incumprimento" dalgunhas disposicións e urxe formación e información.
  comenta   0
A portavoz do colectivo A Por Todas, Patricia Fraga, acusou á sanidade galega de "funcionar como unha ETT" (empresa de traballo temporal) ao realizar contratos de días para "non poder coller" nin vacacións, nin días de libre disposición.
  comenta   0
O sindicato médico O'Mega demandou ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) a "inmediata cobertura" das baixas no servizo de Hematología do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS).
  comenta   0
A intelixencia artificial na medicina está demostrado que ten unha baixa porcentaxe de erro, aínda que teña que ser supervisado o resultado por parte dun profesional médico, por iso, a investigadora do CiTIUS María José Carreira Nouche afirma que "con dispositivos de intelixencia artificial os pacientes crónicos, se aprendesen a usalos, poderían mellorar a súa saúde", para que os médicos "puidesen atender con máis tempo de calidade aos pacientes con patoloxías máis complexas".
  comenta   0
Presume que o 100 por cen dos pacientes acollidos á lei de garantías de tempos máximos de prestacións sanitarias "foron atendidos pola sanidade pública".
  comenta   0
A Federación de Asociacións Científico Médicas Españolas (FACME) advirte de que a posible transferencia competencial ás CCAA traería consigo "desigualdades" na formación e unha falta de cohesión nos estándares de calidade ao longo do país.
  comenta   0
A CESM reprochou ao Sergas que non cre nin unha soa praza en Atención Primaria, "cando está máis que saturada e os facultativos apenas poden dedicar sete minutos por paciente". "Con todo, si que se adquire material técnico como ecógrafos ou bisturís eléctricos, entre outros, para sobrecargar máis aínda aos traballadores", criticaron.
  comenta   0
Con todo, as intolerancias alimentarias son comúns no 20 % da poboación, é dicir, en dez puntos menos da cantidade de poboación que retira eses alimentos da súa dieta, advirte o doutor Javier Molina Infantes, especialista en Aparato Dixestivo. De tal xeito que non todos os que os eliminan padecen estas irritacións.
  comenta   0
O radón é a segunda causa de cancro de pulmón despois do tabaco, mesmo en persoas que nunca fumaron. En fumadores, o risco de cancro de pulmón increméntase expoñencialmente. A OMS calcula que entre un 3 por cento e o 14 por cento das mortes por cancro de pulmón están relacionadas co radón.
  comenta   0
A patoloxía cerebrovascular é a primeira causa de mortalidade en mulleres e a segunda en homes, cunha incidencia anual duns 200-250 casos novos por 100.000 habitantes e unha taxa de mortalidade de 24-84 mortes por 100.000 habitantes. Ademais, é a primeira causa de discapacidade permanente na idade adulta.
  comenta   0
Ofrecerase a todos os que acudan a posibilidade de participar nun ensaio clínico. Así, os 450.000 galegos que sexan citados poderán escoller voluntariamente se porse a vacina normal contra a gripe ou se inocularse unha de dobre dose, como a que xa se lle pon aos maiores de 80.
  comenta   0
Ignacio Dávila, presidente da Sociedade Española de Alerxia e Inmunoloxía Clínica (SEAIC) que estes días celebra un congreso nacional en Santiago de Compostela, asegura que as alerxias se están a prolongar cada vez máis no tempo polo cambio nas temperaturas e nas choivas, facendo que, por exemplo, os alérxicos ao pole que antes sufrían dous meses, agora o fagan durante medio ano.
  comenta   0
Segundo informa a Xunta, as consellerías de Sanidade e Política Social deseñaron este PAI tras entrevistarse con pacientes, familiares que exercen coidados e a Federación Galega de Dano Cerebral (Fegadace).
  comenta   0
O colectivo Solidarios cos maiores conciencia e informa da importancia de que os maiores non se sintan sós cando van ao hospital.
Esta doenza ten un gran índice de crecemento na poboación maior de 50 anos. "Seguimos sen darlle a importancia que ten", din desde a SEMG.
  comenta   0
A presidenta da asociación Adicam, aos seus 75 anos, lanza unha mensaxe de ánimo a todas as mulleres que sofren esta enfermidade. O cancro de mama afecta a unha de cada oito mulleres, cada vez detectándose en idades máis temperás, pero conta cunha supervivencia moi alta, por riba do 96 %.
  comenta   0
Así o denunciou a CIG e o portavoz do goberno local, Carlos López Font, instou á Xunta a que adopte medidas "urxentes", lamentando a situación que se produciu o luns no PAC da cidade onde había dous médicos para 500 pacientes.
O Servizo Galego de Saúde chamará en próximas semanas á dobre vacinación gripe-covid a todas persoas de entre 65 e 79 anos e ofreceralles participar nun ensaio clínico, co obxectivo de determinar a vacina reforzada xera a mesma resposta inmune que nos maiores de 80.
  comenta   0