Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/10/2025 | Actualizada ás 17:45
A circulación ferroviaria entre Lugo e Ourense quedará restablecida desde este venres tras permanecer pechada por mor dos danos causados na infraestrutura por un incendio o pasado 18 de setembro.
Segundo informou Adif, unha vez extinguido o incendio e recoñecida a infraestrutura, a circulación quedará aberta desde primeira hora da mañá, incluído o servizo comercial. Así mesmo, Renfe comunicou que os danos da infraestrutura causados polo lume xa foron reparados, polo que se restablece o servizo entre Ourense, Monforte de Lemos, Lugo e Ponferrada.
Ata o momento, a entidade establecera un Plan de Transporte Alternativo por estrada para prestar servizo aos viaxeiros afectados polo incendio.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.