O operario traballaba no tellado dunha vivenda en Pantón, concretamente no lugar de Lornís.
Chámase Eugenio Linares, é de Pantón, e comezou a facer escultura en madeira hai 7 anos. Hoxe é un artesán que non dubida en utilizar a motoserra nas súas obras.
Diego Villar era mariño, natural da Costa da Morte. Pero fai 11 anos fixo a viaxe inversa, emigrou da costa cara ao interior como capitán nos catamaráns turísticos da Ribeira Sacra. Hoxe é o único habitante de Frontón, en Ferreira de Pantón.
Lucas Vázquez, do Colectivo Segredos de Pantón, vén de facer unha escolma sobre os seres propios da superstición galega.
O secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García, acusou á Xunta de Galicia de "un total abandono de funcións" para combater á velutina, tras a morte dun veciño de Pantón por picaduras destas avespas ao atoparse cun niño cando rozaba unha leira.
Máis de 200 niños de avespas velutinas foron retirados no que vai de ano no municipio de Pantón (Lugo), onde o pasado venres faleceu un veciño de 67 anos por múltiples picaduras tras atoparse cun niño cando rozaba unha leira.
Un veciño do municipio de Pantón de 67 anos de idade faleceu tras sufrir múltiples picaduras de avespas velutinas ao atoparse cun niño cando rozaba unha leira.
Iria Iglesias e Dani Viéitez son dúas mentes creativas que decidiron deixar Vigo para afincarse en Ferreira de Pantón. Ela estudou Historia da arte e Gráfica publicitaria e posteriormente traballou en comunicación e moda. El estudou Empresariais e especializouse en marketing, para despois traballar en marketing e en loxística. Decidiron abandonar o estrés da cidade para iniciar unha nova aventura empresarial no rural galego.
Emmely Föhring e Paul Baker sentaron o seu campo base en Pantón coa idea de ofrecer un futuro en harmonía coa natureza á súa familia. Alí puxeron en marcha Tuta Fruta, unha liña de marmeladas e zumes de froitas ecolóxicas que elaboran na súa ecogranxa e vivenda de Tanquián.
A Deputación de Lugo aportará 500.000 para a súa construción. O presidente provincial critica que a Xunta, a administración "con competencias directas", "nunca dese resposta" a esta "vella demanda" dos veciños.
  comenta   2
Na parroquia de San Fiz de Cangas vivíu a comezos do século XX un zoqueiro que personalizaba cun sinal diferente cada zoco que facía. Un século despois, a arxentina descendente deste zoqueiro, Cristina Martínez, coñeceu a súa familia galega perdida grazas a un aviso que deu a través do Xornal de Lemos.
Lara Santos casou cun italiano namorado de Galicia e acabaron creando a Adega Alma das Donas. “Vivir na Ribeira do Sil crea a sensación de estar permanentemente nunha postal”, destaca nesta entrevista.
O concello, que presume de ter tres ribeiras, Miño, Cabe, e Sil, exalta os seus caldos os días 12 e 13 de maio. O sábado será o escenario escollido pola D.O. Ribeira Sacra para o simbólico brinde colectivo e simultáneo que farán 28 denominacións de orixe en toda a península e o domingo terá lugar o pregón de Carlos Blanco.
  comenta   0
O coñecido actor e humorista foi convidado este ano para pregoar na Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón que terá lugar os días 12 e 13 de maio.
  comenta   4