Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/07/2025 | Actualizada ás 18:32
O BNG rexistrou iniciativas no Congreso para demandar ao Ministerio de Transportes actuacións para a mellora do firme e os labores de limpeza viaria na N-120 ao seu paso polo concello de Pantón. O deputado nacionalista, Néstor Rego, sinala a urxencia dos traballos de limpeza das marxes para "garantir a seguridade dos peóns e ciclistas".
"Así como axuda indispensable para previr a propagación de incendios forestais agora que dan comezo os meses estivais", remarca. Esta estrada foi obxecto de diversas iniciativas por parte do BNG "polo grave estado de deterioración no que se atopa e o total abandono por parte da carteira ministerial responsable do seu mantemento".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.