As “colas da vergoña" dos estudantes, culpa da “nula política de vivenda de Rueda”, segundo o PSdeG

As colas de estudantes que buscan piso comezan ás 4:30 da mañá.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/07/2025 | Actualizada ás 18:55

Comparte esta noticia

O PSdeG culpa a "nula política de vivenda de Rueda" das "colas da vergoña" de estudantes que buscan piso en Santiago, que se forman desde as 4.30 da madrugada. Segundo trasladou o partido nunha nota de prensa, isto débese á "falta de estratexia e planificación" do Goberno do PP, que "queren resolver impulsando promocións de vivenda privadas co risco de que caia nas mans de empresas especuladoras".

Por esta razón, anunciaron unha batería de iniciativas parlamentarias para reclamarlle á Xunta un Plan de choque dirixido a mobilizar vivenda baleira que habilite unha "residencia de calidade para os estudantes". A parlamentaria socialista Patricia Igrexas, o secretario local do PSdeG, Aitor Bouza, e o secretario de Xuventudes Socialistas, Xurxo Doval, acudiron a unha das inmobiliarias nas que este mércores se formaron colas de estudantes desde as 4.30 da mañá.

Alí, Igrexas esixiu á Xunta que poña no mercado vivenda pública e mobilice o parque de pisos abandonados para evitar a situación "reprobable e lamentable" do estudantado dedicando "máis da metade dos seus recursos a un piso en demasiadas ocasións nunhas condicións lamentables". Nesta liña, Bouzas considerou un "drama social" que "nin os estudantes, nin as familias nin as persoas que queiran traballar en Santiago póidano facer na súa cidade", porque non hai vivenda dispoñible.

Así mesmo, destacou a importancia de declarar a cidade zona tensionada do mercado do aluguer que "garanta vivenda accesible en condicións" e esixiulle ao Goberno autonómico que "deixe de pór trabas á lei de vivenda" que o que pretende é "garantir un dereito fundamental recoñecido pola Constitución".

PSdeG denuncia a 'nula política de vivenda do PP' ante as 'colas da vergoña' de estudantes que buscan piso. PSDEG
PSdeG denuncia a 'nula política de vivenda do PP' ante as 'colas da vergoña' de estudantes que buscan piso. PSDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta