Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 17/07/2025 | Actualizada ás 19:11
O ata agora coordinador xeneral, 'city manager', do Concello de Ourense, Francisco Cacharro, será o novo secretario do pleno do consistorio, segundo publica este xoves o Boletín Oficial do Estado (BOE).
Este posto, de libre designación, está reservado a persoal funcionario da Administración local con habilitación nacional e será ocupado por Francisco Cacharro tras a xubilación da persoa que ostentaba anteriormente o cargo.
En febreiro de 2007, o pleno do Concello de Ourense aprobou a proposta do alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, contratar a un 'city manager' que percibiría 86.000 euros anuais, un salario superior ao do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, e ao do que era naquel momento titular da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.
O pleno do Concello de Ourense aproba contratar un 'city manager' que cobrará máis que Pedro Sánchez. O punto saíu adiante cos votos a favor de Domocracia Ourensena e do Partido Popular.
Agora, Francisco Cacharro, que ocupaba esta responsabilidade, pasará a ser secretario do pleno.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.