Por Galicia Confidencial | Ribeira | 01/07/2025 | Actualizada ás 21:44
Unha pelexa multitudinaria en Ribeira acabou cun morto e varios feridos --algúns en estado grave--, tras utilizarse armas de fogo e realizar numerosos disparos. Ademais producíronse varios atropelos que acabaron cunha persoa falecia.
A pelexa multitudinaria --as fontes consultadas por Galicia Confidencial falan de ata 50 persoas-- tivo lugar a última hora desta tarde no Centro Recreativo de Artes, en Ribeira. No lugar hai, nestes momentos, un gran despregamento policial tanto da Nacional como da Garda Civil.
Ao lugar desprazáronse varias ambulancias e un helicóptero medicalizado trasladou a un dos implicados. Veciños da zona aseguran que se escoitaron disparos e que no lugar estaba a celebrarse uns aniversarios no que participaban máis de medio centenar de persoas de clans diferentes.
Posteriormente, a Garda Civil detivo a varios implicados nesta pelexa, ata seis, entre eles ao suposto autor do atropelo mortal, na peaxe de Teo da AP-9.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.