Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/07/2025 | Actualizada ás 20:33
Unha muller faleceu este martes na praia de Aguieira, en Porto do Son, a persoa que alertou do suceso indicou que a sacaron á area e estaban a tentar reanimala. Segundo informa o 112 Galicia, foi ao redor das 19.00 horas cando este particular avisou de que a muller se atopaba boca abaixo na auga da praia de Aguieira.
Deste xeito, o CIAE 112 Galicia informou o Servizo de Emerxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Santiago, á Garda Civil e á Policía Local. Con todo, os servizos de emerxencia que acudiron ao lugar non puideron facer nada para evitar a súa morte.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.