Cada verán repítese o patrón: os incendios forestais volven aos mesmos lugares de Galicia. A pesar dos plans, da experiencia e das alertas, o monte segue a arder entre abandono, especies inflamables e impunidade. O que para outros é unha ameaza, para moitos xa é rutina.
  comenta   1
En concreto en Baroña, o titular de Cultura precisou que a intervención arqueolóxica consiste en sondaxes en dúas áreas do xacemento, ademais doutras accións que inclúen substituír o vinilo do cartel informativo "e actuacións de mantemento de cara á seguridade nas visitas ou no que respecta ao aspecto deste patrimonio".
  comenta   0
Leti a do Chinto é unha historiadora de Porto do Son que comparte vídeos sobre a cultura, a historia e a tradición de Galicia. Unha fonte moi importante nos seus vídeos, que xa ten conquistados aos seus “followers”, é a súa avoa, Lola.
  comenta   0
O 061 mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Santiago, que realizou o traslado da persoa ao complexo hospitalario compostelán.
  comenta   0
Comezou no oficio con 14 anos, cando as condicións laborais deixaban moito que desexar. Volveu a el tras 15 anos traballando en fábricas conserveiras pola gran vantaxe que ten ser redeira: a conciliación. Agora, aos seus 42 anos, enfróntase a un futuro incerto cun sector do mar en declive. "Mentres existan mariñeiros que saian faenar, existirán redeiras para reparar as súas redes". A pregunta é: ata cando existirán mariñeiros?
  comenta   0
O mariñeiro e divulgador Rogelio Santos Queiruga, descubridor deste episodio, asegura que non se pode explicar por unha causa única, pero que en tantos anos como leva no mar "nunca vira algo así". Por iso, chama a traballar como sociedade e tamén dende as propias administracións para mudar as cousas, porque o evidente é que "o marisco está moi debilitado".
  comenta   0
Trátase de Priscila Soidade M.M., a muller de 50 anos de idade, veciña da localidade portuguesa de Esposende, no distrito de Braga. A autopsia descartou indicios de criminalidade na morte.
  comenta   0
Por outra banda, os bombeiros do parque provincial de Santa Comba acudiron a un accidente rexistrado sobre as 19.00 horas deste xoves, no punto quilométrico 49 da estrada AC-400, en Santa Comba.
  comenta   0
O Galicia Confidencial sondea a realidade da crise do polbo en Galicia falando cos patróns maiores das confrarías de pescadores de Porto do Son e Fisterra. No caso concreto de Porto do Son, a situación é tan crítica que "hai algún barco que mesmo tivo que cambiar de oficio".
  comenta   0
Fernando Simón Vázquez, presidente de Pulponor, asegura que "nos dez anos que levo traballando na comercialización de polbo en Galicia nunca tal cousa vin". A situación é xeralizada en todo o territorio galego e, sumada a elevada demanda por parte de países como Estados Unidos, deriva no incremento do prezo: por riba dos 20 euros.
  comenta   0
Os bombeiros do parque comarcal provincial de Ribeira foron alertados pola caída dunha persoa nun camiño de terra de acceso á praia de Basoñas, no concello coruñés de Porto do Son.
  comenta   0
Por número de incidencias detectadas nos últimos cinco anos serían O Pereiro, na Mezquita; Cures, en Boiro; e O Tameirón, na Gudiña. Por número de hectáreas arrasadas na última década serían Camba, en Laza; A Xironda, en Cualedro; e Mourentán, en Arbo.
  comenta   0
O conselleiro Caamaño pon o "garantir a asistencia sanitaria" por encima de "que falte un médico nun sitio determinado".
  comenta   0
Aínda que semella que esta zona xa está completamente masificada polo turismo, aínda quedan algúns recunchos que só coñecen os locais onde desfrutar da tranquilidade e a beleza natural desta contorna.
  comenta   1
De 52 anos, casado cunha veciña da localidade coruñesa e pai de dous fillos, o home perdeu a vida a bordo do buque.
  comenta   0
Destaca que adoptou a decisión polo "práctico colapso" de Urbanismo e porque o 69% dos contratos de persoal do Concello podían ser xa por "posible relación laboral encuberta".
  comenta   0
Segundo apunta o escrito fiscal, o feitos obxecto de xuízo ocorreron en 2011, cando Oujo entrou a gobernar. Naquel momento, explica, o Concello contratou a un arquitecto técnico por un ano e o contrato foise alongando, para o que a Administración local tivo que levantar diferentes reparos.
  comenta   0
Piden inhabilitación para o popular Luis Oujo por presunta prevaricación na contratación de persoal. A interventora e o secretario municipais ven irregularidades na incorporación dunha arquitecta técnica
  comenta   0
Foi un particular o que deu o aviso ao 112 Galicia para pedir axuda. Indicaba que acababan de sacar a unha muller da auga, na praia da Igrexa
  comenta   0