Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 08/08/2025 | Actualizada ás 20:07
Unha pasaxeira do cruceiro Disney Fantasy necesitou ser evacuada de urxencia cando a embarcación se atopaba a unhas 25 millas enfronte do municipio de Porto do Son. Segundo informa Salvamento Marítimo, foi necesaria a evacuación médica a noite do pasado xoves a bordo do helicóptero Helimer 402. Foi trasladada ao aeroporto coruñés de Alvedro, onde esperaba unha ambulancia que a trasladou ao hospital da Coruña (Chuac). A operación foi coordinada polo centro de Salvamento Fisterra.
Así mesmo, nas últimas horas Salvamento tivo que efectuar outro rescate en Galicia, neste caso na praia de Punta Penencia, en Ferrol. Neste caso os bombeiros ferrolán solicitaron colaboración, a través do 112, por unha persoa caída desde un cantil e con posible fractura de nocello, sen posibilidade de ser trasladada por terra nin por mar. O Helimer 402 levou ao accidentado ao aeroporto de Alvedro.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.