(Vídeo) O "difícil" incendio de Porto do Son queimou xa 15 hectáreas e calcinou varios veículos

O lume afecta á parroquia de Caamaño e declarouse ao redor das 22.29 horas. O rexedor confirma que se viviron "momentos moi difíciles".

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO | 17/09/2024 | Actualizada ás 00:32

Comparte esta noticia

Un incendio iniciado na noite do pasado luns en Porto do Son provocou "horas difíciles" durante a madrugada deste martes pola súa proximidade a vivendas na parroquia de Caamaño. O lume, que xa está controlado, queimou 15 hectáreas.

Incendio forestal en Porto do Son iniciado este luns 16 de setembro
Incendio forestal en Porto do Son iniciado este luns 16 de setembro | Fonte: Grupos de WhatsApp

En declaracións a Europa Press, o alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, explica que entre as 11,00 horas da noite do luns e a 1,00 da madrugada do martes vivíronse "horas difíciles" en Caamaño porque "facía moito vento e estábase achegando moito o lume ás vivendas", onde está a casa de cultura. Aínda que houbo que desaloxar a ninguén, si que "se tivo que avisar aos veciños para que estivesen atentos".
De feito, chegaron a arder tres coches dun taller que "tiña para despezamento". "Despois empezaron a chegar os bombeiros de Ribeira, os bombeiros de Boiro e as bombas de Medio Rural e fomos capaces de controlalo", explica este rexedor que se desprazou ata o lugar.

En canto ás causas do lume, o alcalde afirma que "todo apunta a que foi provocado" ao iniciarse de noite cando non había medios aéreos, nun día con moita calor e con forte vento. "Non sei con seguridade, pero todo implica que sexan provocados", xa que "aquí sempre pasa o mesmo". "Dicíame algún brigadista que descubriu que había dous ou tres focos", aínda que "non eran grandes focos".

Pola súa banda, fontes da Consellería do Medio Rural indican a Europa Press que o lume se iniciou ás 22,29 horas de luns e está controlado desde as 4,29 horas da madrugada este martes. Mobilizáronse 21 brigadas, 10 axentes, 14 motobombas e dúas pas.

RETENCIÓNS

Como consecuencia do lume estanse rexistrando retencións na AC-550 á altura de Xuño e dende os grupos de WhatsApp da zona alertan de que xa chegou a última hora da noite do luns axentes de Tráfico para proceder ao corte total da circulación. As mesmas fontes apuntaron que xa foran desaloxadas varias vivendas con nenos e maiores no seu interior e que alo menos tres vehículos foron alcanzados polas chamas, quedando completamente calcinados.

 

Incendio forestal en Porto do Son iniciado este luns 16 de setembro
Incendio forestal en Porto do Son iniciado este luns 16 de setembro | Fonte: Grupos de WhatsApp

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta