Temas: AEMET CHOIVA TEMPO

Aviso amarelo por choiva e treboadas en varios puntos de Galicia para este venres

Desta forma, espéranse ceos con intervalos de nubes e claros e choivas. As temperaturas sufrirán un lixeiro ascenso e o vento solará do nordés frouxo con intervalos moderados no interior

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/07/2025 | Actualizada ás 19:20

Comparte esta noticia

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou para este venres o aviso amarelo por choivas e treboadas en varios puntos de Galicia.

Así, segundo recolle na súa páxina web, espérase unha precipitación acumulada nunha hora de 15 milímetros. As zonas nas que está activo o aviso son: Suroeste da Coruña; A Mariña, centro de Lugo e sur de Lugo; noroeste de Ourense; e interior de Pontevedra.

Ademais, o litoral da provincia da Coruña continuará en aviso amarelo por vento do nordeste de 50 a 61 km/h (forza 7) entre Fisterra-Sisargas e mar dentro ao norte de Sisargas.

Pola súa banda, Meteogalicia detallou que durante a xornada do venres a comunidade continuará coas altas presións entrando en forma de cuña polo noroeste e coas baixas térmicas sobre a Península.

Desta forma, espéranse ceos con intervalos de nubes e claros e choivas. As temperaturas sufrirán un lixeiro ascenso e o vento solará do nordés frouxo con intervalos moderados no interior.

Dúas persoas refúxianse da choiva con paraugas na comarca de Salnés, a 27 de xaneiro de 2025
Dúas persoas refúxianse da choiva con paraugas na comarca de Salnés, a 27 de xaneiro de 2025 | Fonte: Elena Fernández - Arquivo

Temas: AEMET CHOIVA TEMPO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta