Suspendido o concerto de Juan Luis Guerra en Sanxenxo pola "intensidade" da choiva aos 40 minutos de ter empezado

"O espectáculo comezara con toda a ilusión de compartir unha noite inesquecible con vostedes, con todo, transcorridos os primeiros 40 minutos aproximadamente, a intensidade da choiva e o mal tempo representaban un risco real para a seguridade do público e de todo o equipo", xustificaron dende a produtora.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 20/07/2025 | Actualizada ás 19:43

Comparte esta noticia

A organización do concerto de Juan Luis Guerra en Sanxenxo, previsto para a noite do sábado, decidiu interrompelo unha vez empezado e finalmente cancelalo para non comprometer a seguridade do público e de todo o equipo técnico e artístico. Así o trasladou a produtora, SFX Events, nun comunicado publicado nas súas redes sociais, no que "lamenta" interromper o espéctaculo do cantante de 'Ojalá que llueva café' e a banda 440 debido ás condicións meteorolóxicas adversas.

"O espectáculo comezara con toda a ilusión de compartir unha noite inesquecible con vostedes, con todo, transcorridos os primeiros 40 minutos aproximadamente, a intensidade da choiva e o mal tempo representaban un risco real para a seguridade do público e de todo o equipo", xustificaron. Por iso, tomaron esta decisión, coa que alegaron "priorizar sempre o benestar de todos". En base ás previsións do Concello, o evento planeaba acoller a 15.000 persoas no escenario instalado na Praza do Mar.

O cantante Juan Luis Guerra, durante a súa actuación no Wizink Center, a 9 de xullo de 2024, en Madrid
O cantante Juan Luis Guerra, durante a súa actuación no Wizink Center, a 9 de xullo de 2024, en Madrid | Fonte: Ricardo Rubio - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta