Organizada polo Concello de Ribadavia, e baixo a nova dirección formada por Sabela Mendoza e Gena Baamonde, a 41ª edición da mostra internacional de teatro anuncia o outorgamento do Premio de Honra 2025 ao que fora o director ata o ano pasado, Roberto Pascual. A MIT será do 18 ao 26 de xullo.