Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/06/2025 | Actualizada ás 10:05
Diversos líderes mundiais no ámbito do virus respiratorio sincitial (VRS), aos que se adheriron 44 organizacións científicas e sociais internacionais, lanzaron unha declaración conxunta publicada na revista científica 'The Lancet' para facer un chamamento urxente á Alianza para as Vacinas (GAVI) para que actúe "sen dilación" e "salve millóns de vidas infantís" mediante a protección fronte a este virus.
O xefe do servizo de Pediatría da área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza e responsable do Grupo de investigación GENVIP, do IDIS, Federico Martinón, é un expertos en VRS promotores desta declaración como coordinador do Centro Colaborador da OMS en Seguridade en Vacinas en Santiago de Compostela.
"O respaldo de 44 organizacións científicas e sociais de primeiro nivel de todo o mundo achega unha lexitimidade excepcional a este chamamento", subliña Martinón, que engade que "este consenso científico sen precedentes reflicte a urxencia e o compromiso global por pechar esta brecha de equidade".
"Desde Galicia, onde fomos pioneiros na inmunización fronte ao VRS e demostramos ao mundo a alta eficacia e impacto desta medida, temos a responsabilidade moral de avogar por que esta protección chegue a todos os nenos e nenas do planeta", indicou nun comunicado remitido aos medios pola área sanitaria de Santiago.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.