As propiedades da semaglutida "melloran a sensibilidade da insulina e reducen a cantidade de tecido adiposo epicárdico", polo que podería ser unha estratexia terapéutica preventiva en pacientes con patoloxía cardiovascular, tal e como sinalan dende o IDIS.
  comenta   0
O traballo galardoado titúlase 'Humanización en Coidados Intensivos. Aspectos éticos da atención ao paciente crítico: modos de falecemento, percepcións das familias e desasosego moral entre os profesionais sanitarios'.
  comenta   0
Ambos recolleron os seus premios o pasado venres no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, lugar elixido para a entrega da primeira edición dos Premios de Investigación en Saúde Transfronteirizos Galicia-Norte de Portugal
  comenta   0
Un grupo de investigadores do IDIS acaba de publicar un traballo no que apuntan ao xene PTK2B, que produce a proteína Pyk2, como posible predictor do desenvolvemento de obesidade en nenos, o que aumenta a súa prevalencia tamén na idade adulta.
  comenta   0
O grupo de Investigación Taslacional en Enfermidades Neurológicas do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS) levou a cabo un estudo segundo o cal é posible utilizar unha proteína do sistema nervioso como biomarcador para diagnosticar a depresion maior, un trastorno psiquiátrico complexo no que interveñen múltiples factores psicosociais, xenéticos, epixenéticos e biolóxicos.
  comenta   0
Recentemente as tres fundacións de investigación sanitaria foron integradas no sistema público, de modo que o seu persoal adquiriu a mesma condición de persoal laboral público dependente do Sergas que o da Fundación de Medicina Xenómica.
  comenta   0
Un estudo levado a cabo por un grupo de investigadores do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) sinala que a dieta atlántica podería reducir "significativamente" a incidencia da síndrome metabólico e, con iso, o risco de sufrir enfermidades como a diabetes ou a cardiopatía coronaria.
  comenta   0
O tamén investigador no Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS) recorda que a pandemia fixo moito dano á loita contra o cancro, porque "deulle un freazo" do cal "aínda non se recuperou". "Si que é certo que moitos servizos de oncoloxía e radioterapia continuamos coa actividade, dando servizo aos pacientes, pero aí non estivo o problema, o problema estivo naquelas persoas que non fixeron os cribados cando lles correspondía, non fixeron diagnóstico".
  comenta   0
O premio, que se entregou na sede da Coruña durante o acto de apertura do curso académico, recoñece un estudo que aborda a mellora do tratamento do mieloma múltiple mediante modelos de aprendizaxe baseados en datos clínicos e xenéticos dos pacientes.
  comenta   0