O doutor Federico Martinón advirte de que "estamos en pleno pico estacional, que aínda non acadamos, pero non hai razóns para pensar que sexa diferente ás epidemias de gripe estacional habituais nin en maior incidencia nin en maior gravidade". E chama de novo a vacinarse: "Aínda non é tarde".
  comenta   0
Os pediatras recoñecen a enfermidade pola súa tose característica e apuntan á prevención, especialmente coa vacina, como "o mellor tratamento".
  comenta   0
Ante estas cifras, a xerencia compostelá mostrou a súa satisfacción por esta acollida, xa que "practicamente o 100 % dos bebés que estaban en disposición de recibila foron inmunizados".
  comenta   0
Ademais de aos neonatos, o departamento sanitario da Xunta citará tamén entre os días 2 e 15 de outubro a aqueles nenos nados desde o pasado 1 de abril de 2023. Doutra banda, as sete áreas sanitarias galegas convocarán, tamén desde o 25 de setembro, aos nenos prematuros (nacidos desde o 1 de outubro de 2021), e aos nenos de alto risco (cardiopatías, displasia broncopulmonar, etc.) con menos de 24 meses. Prevén que se lle adminsitre o anticorpo do VRS a máis de 15.000 nenos.
  comenta   0
Os hospitais galegos empezarán o 25 de setembro a administrar a vacina contra o virus sincitial (VRS), o que orixina o maior número de ingresos hospitalarios nas idades temperás.
  comenta   0
Ata agora, a vacinación fronte ao rotavirus estaba indicada só para os prematuros nados en determinadas idades de xestación. Non entanto, a partir do 1 de outubro será sistemática para os nenos nados a partir do 1 de agosto de 2023, dado que a primeira dose adminístrase aos dous meses de nacer.
  comenta   0