Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 23/05/2025 | Actualizada ás 19:26
Varias persoas detectaron este venres na praia de Areas, na localidade pontevedresa de Sanxenxo, unha decena de pequenas bólas brandas e pegañentas sobre a area. Segundo informaron fontes do consistorio local, persoal de Praias xa procedeu á súa retirada e comprobou que non existe ningunha máis, aínda que apuntaron que a zona seguirá sendo vixiada por se aparecen máis.
En concreto, estes elementos foron localizados nun extremo da praia de Areas, coñecida como a praia dos mortos. As primeiras hipóteses, tal e como sinalaron estas mesmas fontes, apuntan a que o material "probablemente" proceda dun barco ou do material co que se protexe a estrutura das bateas. En todo caso, afirman que "parece algo puntual que chegou á praia".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.