Piden actuar contra as elécricas polas variacións dos cauces do río Ulla

Os pescadores denuncian que os desembalses imposibilitan a pesca recreativa.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/05/2025 | Actualizada ás 17:27

Comparte esta noticia

Pescadores do río Ulla mostraron o seu malestar porque os desembalses de auga permanente das presas na zona de Touro provocan unha elevación do nivel das augas "moi por encima do seu caudal natural", o que "imposibilita o exercicio da pesca de moitos afeccionados".

Ante estas queixas, o Concello de Touro solicitou a Augas de Galicia que, dentro das súas competencias, interveña ante as empresas eléctricas para que fagan un uso da súa concesión que permita compatibilizar coa práctica da pesca recreativa. Para o consistorio municipal, a pesca recreativa é, "ademais dun recurso turístico", unha actividade "lúdica de primeira orde para os veciños".

Río Ulla ao seu paso por Touro.. CONCELLO DE TOURO
Río Ulla ao seu paso por Touro.. CONCELLO DE TOURO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta