O concelleiro de Urbanismo, Iago Lestegás, anuncia que o Concello recorrerá a recente declaración e adaptará a documentación ás esixencias da Xunta.
Fernando Martínez lembra que o inmoble xa está no inventario oficial, aínda que a súa declaración definitiva depende do recurso dos Franco.
  comenta   0
O Concello eliminará datos non oficiais e axustará a memoria xustificativa tras a retirada da súa solicitude de zona de mercado residencial tensionado.
O plan contempla máis de 51.000 vivendas, 14.000 delas protexidas, así como novos viarios, zonas verdes e equipamentos.
A alcaldesa de Santiago asegura que a cidade cumpre coas características requiridas e busca explicar a súa solicitude antes da reunión do 1 de setembro.
O presidente da Xunta reclama planificación e recursos antes de recibir a novos menores procedentes de Canarias.
  comenta   0
A concelleira Miriam Louzao anuncia que o goberno local achegará a documentación e manterá todas as reunións necesarias para que non haxa “escusas” e se limite a suba do alugueiro.
Este proceso iniciouse en maio de 2023 por mor dunha querela presentada por unha traballadora que afectaba a varios directivos da Corporación, entre eles ao anterior director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo.
  comenta   0
Os maxistrados entenden que non se ofreceu por parte do sindicato recorrente "unha mínima explicación dos prexuízos de imposible ou difícil reparación que podería xerar a culminación do proceso de licitación", que se atopa nunha fase moi avanzada, ao procederse á apertura do sobre de oferta económica o día 3 de xullo.
As comunidades acusan ao Goberno central de vulnerar a cogobernanza ao remitir un informe sen a súa aprobación previa.
  comenta   0
O Contencioso-administrativo fai esta ratificación ante a "neglixente asistencia que á paciente se lle prestou" e a "falta de coordinación por parte dos responsables que conduciu a que ela falecese a consecuencia dunha colecistite aguda perforada e unha peritonite aguda".
  comenta   0
A Xunta recorrerá os autos do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que suspenden de maneira cautelar a resolución do Goberno galego pola que se determinou o réxime de xestión do lobo na tempada 2024/25.
  comenta   0
O Defensor criticou entre outros detalles os termos "tan indeterminados e confusos" nos que está redactada, que "fai que non sexa preciso invocar ningunha situación especial ou extraordinaria (...) para entrar en xogo".
  comenta   0
A Xunta pediu "seriedade" ao Goberno e avanzou "vías legais" ante a negativa do Ministerio para a Transición Ecolóxica a convocar a Conferencia Sectorial de Medio Ambiente, prevista para este martes, tras a súa suspensión.
  comenta   0
En concreto, o recurso diríxese contra tres disposicións da lei de prevención das perdas e o desperdicio alimentario que na práctica permiten a caza do lobo, especialmente agora que a Unión Europea (UE) rebaixou a protección da especie.
  comenta   0
Os avogados que representan aos veciños estiman que a administración local deberá "devolver máis dun millón de euros cobrados de forma irregular".
Isto é froito dunha decisión tomada pola xunta de fiscais do Supremo tras recibir o escrito de preparación redacto pola Fiscalía Superior de Galicia, segundo informou a mesma a través dunha nota remitida aos medios
  comenta   0
Os recursos admitidos foron presentados por Castela-A Mancha, Baleares, Comunidade Valenciana, Andalucía, Galicia, Castela e León.
  comenta   0
O tribunal considera que os insultos non son “trato degradante” e rexeita calquera responsabilidade penal polo ocorrido.
O Tribunal do Xurado declarou culpable por unanimidade a Roger Serafín Rodríguez dunha agresión sexual e tres puñaladas mortais en 2013.
O Pleno contará con 10 maxistrados, con ausencia de dous integrantes e forte malestar no sector conservador pola falta de transparencia.
  comenta   0
O Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino da Galiza (STEG) considera que esta ferramenta ten "un fin puramente intimidatorio" e que é "unha terxiversación" da Lei Orgánica de Dereito á Educación de 1985, que xa recolle esa "neutralidade ideolóxica".
  comenta   0
Segundo trasladou a Confederación, os feitos producíronse durante a segunda quincena de agosto de 2022, cando se rexistraron temperaturas superiores aos 40 º.
O tribunal considera que de pagarse este complemento por gardas estase a retribuír dúas veces o mesmo concepto, debido a que cobrou o subsidio de baixa ao 100 %, o cal inclúe a parte das gardas.
  comenta   0
A familia é propietaria dun inmoble polo que o Concello da Coruña xa iniciou actuacións para recuperalo para o patrimonio público e está obrigada a abrir a Casa Cornide ao público catro días ao mes despois de que fose declarada Ben de Interese Cultural (BIC).