A decisión da Xunta na acollida de migrantes é "racista", segundo afirma Esquerda Unida

Cualifican de “boicot” a decisión do goberno autonómico.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/07/2025 | Actualizada ás 20:12

Comparte esta noticia

Esquerda Unida cualificou de "racista" o "boicot" do Executivo autonómico ante as medidas do Goberno central para acoller a 317 migrantes. "A Xunta, no canto de prepararse e abrir novos recursos de acollida, tanto para os nenos que actualmente o necesitan como para recibir aos menores migrantes, dedica os seus esforzos a interpor un recurso de inconstitucionalidade contra o real decreto", o portavoz de EU, Liño Costas.

Así, nun comunicado Esquerda Unida asegurou que "non hai motivos" para non acoller que "non sexan racistas". A "negativa", continuou o partido nun comunicado, para acoller e os recursos anunciados por parte das comunidades autónomas do PP "está estreitamente vinculada" a que "moitas desas comunidades seguen en mans de Vox".

Migrantes. Carlos Castro
Migrantes. Carlos Castro | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta