Prohibida a pesca do choco na ría de Arousa ata o 31 de outubro

A veda afecta tanto á pesca profesional como á recreativa, segundo publicou hoxe o DOG.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 29/07/2025 | Actualizada ás 15:47

Comparte esta noticia

A veda de pesca do choco na ría de Arousa comezou --vixente desde o 28 de xullo-- e durará ata o 31 de outubro de 2025. A Consellería do Mar informa de que se tomou esta decisión ante os informes técnicos que desde o mes de xuño a porcentaxe de individuos xuvenís capturados increméntase nun 67% respecto de meses anteriores, nos que se recomenda limitar o emprego das diferentes artes de pesca nas zonas máis interiores das rías. Unha decisión que se toma tras consultar co sector na zona.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este martes a resolución da Consellería do Mar que establece este período polo que queda prohibida a captura, tenencia a bordo, transbordo, comercialización ou venda desta especie. As capturas accidentais deberán ser devoltas ao mar.

Do mesmo xeito, esta veda inclúe tamén á pesca marítima de recreo, aclara a resolución asinada polo director xeral de Pesca, Cándido Rial. Cabe interpor recurso de reposición no prazo dun mes.

Exemplar de choco
Exemplar de choco | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta