O río Ulla ten un percorrido que non está exento da presión humana nas súas beiras. Accións como represas, minaría, verteduras incontroladas ou a falta de elementos suficientes para manter as súas augas limpas, converten a segunda bacía galega nunha corrente que está perdendo a súa vitalidade paseniñamente.
  comenta   0
A ría de Arousa está atravesando un momento preocupante en relación á produción marisqueira e capturas de peixe. Segundo algunhas das confrarías, a maioría das estacións depuradoras están obsoletas e xa non cumpren coa súa función. Existen emisarios que verten augas sen depurar e as lamas procedentes de terra adentro, sobre todo en época de incendios, cando son arrastradas polo Ulla, afogan a produción pesqueira a pé e en barco.
  comenta   0
Capitanía Marítima de Vilagarcía de Arousa anunciou que desactiva a fase de emerxencia en situación 1 do Plan Marítimo Nacional de resposta ante a contaminación do medio marítimo na Ría de Arousa, que fora activada a semana pasada.
  comenta   0
Ao fío das 11,00 horas deste martes saltaron as alarmas no pequeno municipio arousán no que os veciños notaron "un forte cheiro a gasoil" e é que, a sombra o Prestige parecía que volvía asediar Arousa, que hai unhas semanas lembrábao no seu auditorio municipal.
  comenta   0
Víctor Dios é bateeiro na ría de Arousa. Sen querelo, o seu rostro fíxose recoñecible durante a crise do “Prestige”. Con toda a coraxe que levaba dentro enfrontouse ao presidente da Deputación da Coruña naquel momento, José Luis Torres Colomer. A actitude deste último fixo que a Víctor lle saíse “todo de dentro” e xunto con máis mariñeiros increparon e recriminaron ao presidente provincial a falta de medios para frear a chegada do chapapote ás bateas de mexillón.
  comenta   2
Desde o primeiro rexistro en augas galegas dun exemplar desta especie, en 2018, contabilizáronse numerosos individuos que iniciaron un proceso de asentamento nas rías, advirten investigadores mariños.
  comenta   0
'Os Camiños de Santiago e outros itinerarios culturais: Visións desde Europa' é o nome desta xornada que organiza o eurodeputado galego Francisco Millán Mon.
  comenta   0
A campaña quedou en 147 toneladas, un 43% menos que na última década, e reclama á Administración que tome medidas.
  comenta   0
A Xunta vén de anunciar as sancións a Jealsa polos seus vertidos de nitróxeno amoniacal ao mar. As multas non chegan ao 0.03% da facturación da empresa.
  comenta   0
Trátase dunha acción programada no seo de 'Plancto', un plan de conservación territorial que leva funcionando todo este ano.
  comenta   0
A asociación ecoloxista "Salvemos Cabana" faise eco dun estudo e sinala que en caso de posible accidente a gran escala, produciríase "un desastre ambiental sen precedentes en Galicia".
  comenta   0
Xaquín Rubido é o presidente da Plataforma para a Defensa da Ría de Arousa (PDRA). Nesta conversa debulla parte das accións que tanto administracións públicas e privadas realizaron nesta ría durante anos. Desde a PDRA denuncian a falta de atención da Xunta ao medio, así como de connivencia coas multinacionais.
  comenta   4
A Plataforma en Defensa da Ría de Arousa acusa ao goberno galego de non exercer as súas competencias sobre a antiga mina de Touro, lugar desde onde chegan verteduras contaminantes á ría.
  comenta   0
Adega e a PDRA critican que o Porto de Vilagarcía estea realizando estas operacións a pesar da súa perigosidade para a ría e tras ser prohibidas polo propio Ministerio de Transición Ecolóxica.
  comenta   0
Augas de Galicia deu autorización en outubro de 2020 ao proxecto de drenaxe temporal da mina de Touro, cuxas augas estancadas conteñen minerais pesados que poden contaminar o río Ulla e a ría de Arousa.
  comenta   0
ADEGA e a Plataforma pola Defensa da Ría de Arousa advirten de que este proxecto só supón "mover a contaminación de sitio" e piden un proxecto definitivo para o tratamento dos efluentes mineiros.
  comenta   0
Os medios da Xunta que permaneceron en alerta nas últimas xornadas foron o buque Irmáns García Nodal e a patrulleiras Punta Falcoeiro e Punta Roncadoira.
  comenta   0
A mancha, cunha extensión de 1.300 por 500 metros, está entre Ribeira e a illa da Rúa. O Goberno xa investiga a súa orixe.
  comenta   1
Esta mesma semana a Plataforma Casalonga Limpa de Residuos denunciaba o inicio de obras de baleirado da lagoa na antiga canteira, mentres acusa a Augas de Galicia de “mirar para outro lado”.
  comenta   0
A plataforma pedirá á Consellería do Mar o acceso ao expediente para coñecer o impacto no medio mariño, e esixiralle ao delegado do Goberno, Javier Losada, a clausura inmediata do punto de vertedura.
  comenta   0
Un escrito remitido a Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia baséase nas analíticas realizadas p Adega como en datos remitidos por Augas de Galicia, que constatarían unha "contaminación persistente".
  comenta   0
Até agora identificouse "erroneamente como Tritonia hombergii, unha especie máis norteña", segundo apunta o GEMM.
  comenta   0
Veciños de Touro, O Pino e de concellos da Ría de Arousa, avisan da ameaza da explotación para pesca, gando e para o Camiño de Santiago.
  comenta   0
Seguen cinco persoas con queimaduras graves tras o incendio da embarcación. Outras 18 foron dadas de alta de varios centros hospitalarios, mentres que o resto foron asistidas na PAC do Grove ou no lugar do accidente.
  comenta   1
Científicos do Bottlenose Dolphin Research Institute (BDRI) gravan unha femia residente en augas galegas canda a súa nova cría.
  comenta   0