O PP en contra das linguas cooficiais: "Só poden ser oficias na UE se son oficiais en todo o país"

"Os andaluces ou comunidades non bilingües teñen a obrigación de saber catalán, castelán e vasco? Non", di a popular Dolors Montserrat.

Por Europa Press / Redacción | BARCELONA | 20/05/2025 | Actualizada ás 11:54

Comparte esta noticia

A secretaria xeral do Partido Popular Europeo, Dolors Montserrat, defendeu este martes que só as linguas oficiais "en todo o territorio nacional" dun país poden selo en Europa. "A lei europea di que para poder ser lingua europea debe ser unha lingua oficial en todo o territorio nacional. O galego, o catalán e o vasco son oficiais en todo o territorio español? Non. Os andaluces ou comunidades non bilingües teñen a obrigación de saber catalán, castelán e vasco? Non", dixo nunha entrevista en Ràdio Estel recollida por Europa Press.

Segundo Montserrat, a Constitución española recolle que a lingua oficial en todo o territorio nacional é o castelán así como a cooficialidade do catalán e do castelán en Cataluña. Ante a petición de Junts de que o catalán sexa lingua oficial en Europa, constatou que os que decidirán se queren cambiar a norma vixente son os primeiros ministros de cada país.

Tras acusar o Goberno de estar máis preocupado por tentar cambiar esta lei que por defender os intereses dos españois, reiterou a súa defensa da Constitución ao preguntárselle se o PP estaría disposto a converter o catalán, o vasco e o galego en linguas oficiais en toda España. "A Constitución dio claro, cooficialidade das dúas linguas, catalán e castelán en Cataluña. E o que debe facer o presidente Salvador Illa é cumprir as sentenzas que obrigan ao 25% de castelán nas nosas escolas", resolveu.

Dolors Montserrat, na clausura do congreso do Partido Popular Europeo (PPE)
Dolors Montserrat, na clausura do congreso do Partido Popular Europeo (PPE) | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Galego de verdade

O galego ja é oficial na UE. Só com tirar cà ortografia espanhola para o nosso galego e escrever com a ortografia portuguesa ja temos uma língua oficial na UE. Os do gayego "permitido", o que nos deixa falar apanya, realmete falam e respeitam o castayano. Como dizia Carvalho Calero: O galego, ou é galego-portugués, ou galego-castelhano. E eu engado: Um deles é uma língua global. O outro uma língua autonómica de pedir permiso, de não saber se subes ou baixas.