O acordo subscrito entre o PSC e ERC para facer posíbel a investidura de Salvador Illa como presidente da Generalitat abriu fortes polémicas no eido estritamente político e tamén nos ámbitos académicos e mediáticos.
  comenta   0
Destaca que "impuxeron" todo o plan de traballo na comisión de investigaicón sobre os contratos de Feijóo.
  comenta   0
Moitas CCAA aínda non presentaron os seus Orzamentos, aínda que Ayuso, Prohens e Clavijo si que adiantaron que conxelarán o seu salario.
  comenta   0
Os reis Felipe e Letizia, acompañados de Leonor, presiden o desfile, no que participan todos os presidentes autonómicos menos Pradales
  comenta   0
O obxectivo deste encontro é deseñar, en diálogo coa súa ducia de conselleiros, as liñas de acción a curto prazo para a Xunta e tamén os plans estratéxicos para a lexislatura.
  comenta   0
O resultado das eleccións ao Parlament de Cataluña do pasado 14 de Maio certificou un feito moi relevante: por primeira vez, dende hai mais dunha década, non existe unha maioría de escanos independentistas nesa institución representativa. Xa que logo, o cadro parlamentar derivado das urnas só podía ter dúas saídas: ou existía un acordo entre o PSC, os Comúns e algunha das formacións independentistas mais numerosas (Junts e ERC) ou era necesario acometer a repetición dos comicios no mes de Outubro.
  comenta   0
O presidente galego non descarta ir aos tribunais se se "rompe a igualdade", pero sitúa este paso "como último recurso" e pide "sentidiño". Augura que haberá ofertas de "trato bilateral" a dirixentes do PP para "lexitimar" o pacto en Cataluña e avisa: "Ninguén debe sentirse tentado".
  comenta   0
Rueda avisa de que vai "facer todo o necesario" para non perder estes recursos e esixe ao Goberno "equilibrar" esta diminución.
  comenta   0
O portavoz do PPdeG rexeita o acordo PSC-ERC e acusa ao Goberno de facilitar a independencia fiscal e potencialmente un referendo independentista.
  comenta   0
Besteiro destaca as características únicas de Galicia tras o pacto entre ERC e os socialistas cataláns para a investidura de Salvador Illa.
  comenta   0
O presidente da Xunta manifestou a súa convicción de que Sánchez só busca "garantirse a permanencia na Moncloa", polo que "ao final case o de menos para el é se Illa é finalmente presidente da Generalitat ou non".
  comenta   0
Besteiro ve na vitoria de Illa "o fin da fábrica de producir independentistas" do PP. Distintos dirixentes galegos valoran xa o resultado dos comicións cataláns que deron a vitoria ao socialista Salvador Illa.
  comenta   0