O PPdeG tacha o acordo entre o PSC e ERC como un novo engano de Sánchez para "manterse no poder"

O portavoz do PPdeG rexeita o acordo PSC-ERC e acusa ao Goberno de facilitar a independencia fiscal e potencialmente un referendo independentista.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 30/07/2024 | Actualizada ás 18:14

Comparte esta noticia

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos, considerou que o acordo entre o PSC e ERC para a investidura do socialista Salvador Illa supón unha nova 'falcatruada', un novo engano, dos socialistas capitaneados polo presidente do Goberno Pedro Sánchez para "manterse no poder".

Nunha rolda de prensa que iniciou trasladado o apoio dos populares galegos ao pobo venezolano que "está a loitar por recuperar a democracia", Pazos asegurou que o acordo, que expón unha cesión da xestión do 100% dos impostos, supón "un paso máis na ruptura de España que busca o independentismo catalán" que "se está aproveitando de forma evidente da debilidade do Goberno para conseguir todo aquilo que desexa".

"Primeiro foi a amnistía para os autores do intento de golpe de estado de 2017 facilitando a volta a España do fuxido Puigdemont. Agora teñen a súa man á independencia fiscal, rompendo o sistema de financiamento económico e dando pé a que existan españois de primeira e de segunda", afirmou. Para Alberto Pazos, o paso definitivo "será tentar conseguir ese referendo independentista". "Algo que a gran maioría de españois tememos moi probable no caso de que o goberno de España siga necesitando dos votos do independentismo para manterse", manifestou.

Fronte a iso, sostivo que os populares galegos "seguirán loitando en colaboración da inmensa maioría das comunidades autónomas para que o goberno de Sánchez deixe de utilizar o diñeiro de todo os españois para cumprir os seus desexos".

O portavoz do PP galego no Parlamento de Galicia, Alberto Pazos Couñago. PPDEGALICIA
O portavoz do PP galego no Parlamento de Galicia, Alberto Pazos Couñago. PPDEGALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta