O Ministerio Público reclamou así mesmo a disolución de Causa Galiza e Ceivar porque, baseándose na documentación intervida nos rexistros policiais e nas declaracións dos investigadores, considera que deseñaron "unha estratexia que se dirixe ao soporte e ao enaltecemento de accións violentas".
  comenta   0
A Fiscalía reclama para os doce acusados penas de entre catro e doce anos de cárcere por delitos de integración nunha organización criminal para a comisión de delitos de enaltecemento dunha organización terrorista e enaltecemento do terrorismo, e pide tamén que a disolución das dúas entidades.
  comenta   0
O seu vicepresidente, Roberto Blanco Valdés, participou activamente nas dúas grandes campañas da asociación de Álvarez de Toledo, xunto co ex rexedor coruñés Paco Vázquez.
  comenta   8
"Defendemos única e exclusivamente as vías democráticas e rexeitamos calquera tipo de uso da violencia pero tamén é certo que estamos a ver como hai operacións políticas que queren criminalizar ideoloxías", declarou a portavoz nacional do BNG.
  comenta   0
A Fiscalía reclama a disolución de Causa Galiza e Ceivar e pide ata 12 anos de cárcere para os acusados. Esta fin de semana 1.500 persoas pediron a súa liberdade.
  comenta   1
No réxime da democracia liberal a liberdade de expresión inclúe a crítica ideolóxica e política, mesmo para fins de transformación ou mesmo subversión da orde social. O límite é a comisión de delictos, de actos violentos.
  comenta   0
Presenta este venres na Coruña o seu libro de memorias nun acto co presidente galego e o ex presidente español.
  comenta   0
Como avogado sei moi ben que o indulto para as nove persoas, presas políticas, soberanistas catalás non é ningunha solución en Dereito, pois que o indulto non extingue a responsabilidade criminal nin pode suprimir as penas de inhabilitación para cargos e funcións públicas (agás acordo, hoxendía impensábel, do Tribunal Supremo que condenou inxustamente estas persoas) nin as indemnizacións por responsabilidade civil. O indulto supón agardar a graza do Goberno do estado. Velaí porque considere lóxico que non o pidan nin as persoas condenadas nin as organizacións políticas e sociais ás que pertencen.
  comenta   0
Xusto antes da crise do coronavirus presentábase a Asociación Federalista Galega. Entre os obxectivos desta asociación está presentar o federalismo como un modelo viable, solidario e con validez demostrada. O seu presidente Ramón Máiz, catedrático de Ciencia Política, ve na idea federal unha fórmula capaz de recoller diferentes posturas, mais sobre todo, unha fórmula política que ten por obxectivo o benestar da xente mediante políticas horizontais e transversais dentro dun modelo de codependencia e solidariedade.
  comenta   8
Durante os 45 minutos que se alongou o acto en Santiago de Compostela, o grupo empregou cacerolas e berrou "fascistas fóra de Galicia". A policía interpúxose entre os candidatos e os manifestantes.
  comenta   0
Que democracia europea pode aturar a grave sospeita de que o seu Xefe de Estado durante 39 anos acadase unha fortuna da colusión comisionista? Que sistema inserido nas democracias dos “países serios” pode aturar a sospeita de que o seu Presidente do Goberno durante catorce anos dese a orde de argallar un grupo de mercenarios-o GAL- para executar crimes de Estado?
  comenta   0
Piden imitar o modelo do Frente Popular dos anos 30 entre entidades e partidos políticos da esquerda e do independentismo para parar á ultradereita.
  comenta   5
Néstor Rego cuestiona que se pida de novo a ilegalización de Causa Galiza sen que exista ningún elemento novo que o xustifique. Independentistas procesados na Operación Jaro anuncian que participarán na campaña electoral.
  comenta   0
Ve posible un "goberno nacionalista" en Galicia se Núñez Feijóo perde a maioría absoluta e o PSOE pacta co BNG.
  comenta   0
Unidas-Podemos, En Marea, BNG e Anova no ámbito da esquerda e do nacionalismo e o PPdeG e Ciudadanos, no da dereita, non se acaban de poñer de acordo sobre as cesións e os modelos para un acordo electoral. En xogo, milleiros de votos que poden condicionar unha balanza que está moi equilibrada e que pode acabar beneficiando ao PSOE e a Vox.
  comenta   6
Asegura que o "horizonte" electoral galego "non dependerá" de decisións catalás "que nin se coñecen"
  comenta   0
"Queremos trasladar a Junqueras o noso total apoio pola sentenza do Tribunal Supremo ao rexeitar suspender a decisión da Xunta Electoral Central", di a eurodeputada.
  comenta   0
"É inaceptable que o Supremo non asuma a sentenza do Tribunal de Xustiza da UE", subliñou Ana Miranda, do BNG. O presidente da Xunta defende que "non pode haber privilexios para os políticos".
  comenta   2
O deputado no Congreso, Néstor Rego, considera un "despropósito" xurídico a decisión, tras saír da reunión na que nacionalistas e socialistas asinaron o pacto de investidura.
  comenta   2
Que faço eu, que não tenho a carreira de direito, metendo-me a opinar nestes assuntos? Pois singelamente, eu são um afeiçoado nestas lides jurídicas, mas como professor de ética, que tinha como cometido explicar os direitos humanos, não me arredo de manifestar também o meu ponto de vista, como também sempre permiti que qualquer pessoa, incluso leigo nas matérias que eu lecionava, expressasse o seu.
  comenta   0
Di que preferiría un pacto co PP e defende que Casado "está á altura"."ERC non só condiciona, faino de forma pública e notoria para que se note a humillación", denuncia o presidente galego
  comenta   2
Os principais partidos políticos galegos analizan a mensaxe do monarca español de xeito completamente diferente; desde os populares que apuntan ás críticas de Felipe VI ao independentismo á oposición que considera o seu discurso "fóra da realidade".
  comenta   1
"Se nos unimos entre nós imos demostrar que o Estado das autonomías non fallou, que fallaron os políticos", subliñou a presidenta da Comunidade de Madrid.
  comenta   1
Nos últimos anos, tres sentencias xudiciais condicionaron notabelmente o clima político e social existente no Estado español. Primeiro foi a relativa ao caso Gürtel -e que rematou provocando o inédito triunfo da moción de censura presentada polo Partido Socialista no Congreso-; máis tarde coñeceuse a decisión condenatoria do Tribunal Supremo contra diversos dirixentes do independentismo catalán e agora, recentemente, fíxose público o veredicto da Audiencia de Sevilla sobre o “caso” dos ERE desenvolvido no ámbito competencial da Junta de Andalucía.
  comenta   0
Os activistas, para os que piden 102 anos de cárcere, acusan directamente a “Pedro Sánchez e ao seu fiscal” de tentar infundir "medo" entre os disidentes.
  comenta   0
Entre as acusacións están a "conmemoración de diferentes efemérides radicais" do nacionalismo galego coma "O Día da Galiza combatente, o Día da Patria Galega ou o Día Internacional dos Presos Políticos".
  comenta   5
Din do BNG que son “socialdemocracia autonomista” e de Unidas Podemos que son os herdeiros dos que pactaron o “postfranquismo”. Súmanse a Anova e En Marea que anunciaron que non apoian a ningún partido nestes comicios.
  comenta   8
En Catalunya existe un conflito político que arrinca do proceso do novo Estatut entre 2006 e 2010. Despois dun pacto na Comisión Constitucional do Congreso que supuxo unha redución substancial dos máximos aprobados no Parlament e da aprobación plebiscitaria do texto pola cidadanía catalá, o PP recorreu de inconstitucionalidade o Estatut perante o Tribunal Constitucional (TC).
  comenta   0
Ás poucas horas de se coñecer oficialmente a sentenza condenatoria do Tribunal Supremo, Pablo Casado quixo poñer en valor, explicitamente, o feito de que o seu partido fora o promotor da querela presentada polo entón fiscal xeral do Estado -José Manuel Maza, falecido poucas semanas despois- contra os principais dirixentes do independentismo catalán.
  comenta   0
"É preocupante que o socialismo galego mire para outra parte e ría sabendo que o BNG está de acordo cos incidentes cataláns", asegura.
  comenta   5
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, condena a violencia das manifestacións en Cataluña nunha entrevista en La Voz de Galicia. Asegura que o Bloque é unha "forza á alza" tras ser preguntada polos datos do CIS que o deixan sen representación no Congreso.
  comenta   0
O BNG soubo da iniciativa por ERC e CxG polo PdeCAT. Nin Anova, nin En Marea foron avisados da declaración. Tamén chamou a atención a ausencia da líder do Bloque, Ana Pontón.
  comenta   11
Na primeira xeira deste artigo non albiscábamos a conexión entre os feitos do 20-S na Consellería de Economía da Generalitat e os incidentes nos colexios electorais o 1-Ou e o delicto de sedición. Mais, á vista dos termos da sentenza do TS, o problema está na propia definición dese delicto.
  comenta   0
Contra o que se nos quere facer crer, a Lei Fundamental, neo-franquista á que redactada manu militari, chamaron Constitución, presenta de raíz un notorio déficit de legalidade pola presionada inclusión no seu texto de leis da ditadura.
  comenta   0
"Imos permitir un goberno progresista, pero non significa que sexa gratis", dixo o dirixente, quen pide diálogo para resolver o conflito catalán fronte aos que tentan "rabuñar votos".
  comenta   0
Cataláns que viven ou viviron en Galicia teñen a sensación de que o procés rematará a favor dunha solución democrática cara o soberanismo. Hainos que cren que a UE acabará obrigando a buscar esa vía democrática. Todos coinciden en que "él lamentable" que nun estado democrático se xulgue a activistas sociais como os Jordis.
  comenta   11